31/10/08

Pero.....Que é o SAMAÍN?




Noutros tempos,as cabazas ou:
-os colombros en Ourense e Lugo
-os calacús no norte de Pontevedra
-os cabazos,as manguetas en Moaña e Cangas...
adoitaban ser elementos lúdicos cando chegaban os primeiros fríos,as tardes quedaban cada vez máis pequenas e as colleitas de outono propiciaban os materiais.Como acabamos de dicir,as longas noites permitían facer estes enredos e as primeiras treboadas que obrigaban a permanecer a cuberto ,recordaban vellos contos e historias nunca comprobadas de encontros con lobos no monte,aventuras de raposas famentas,enfermidades estranas en adultos e nenos....
Nestes ambientes rurais,onde non había alumeado público nin auga corrente nas casas,as saídas á fonte eran o mellor momento para asustar aos veciños ,deixando cabazas baleiradas con candeas prendidas no seu interior nas encrucilladas e outros lugares axeitados.
Esta tradición ven de moito tempo atrás,vinculándose a costumes celtas como nos recorda o C.E.I.P. de PALMEIRA.
Pero foi Rafael López Loureiro no seu libro "Samaín, a festa das caliveiras"o que explicou con detalle a festa do Samaín .
Máis información en VIEIROS DA ESCOLA-2006.
Tamén na lenda da cabaza.

23/10/08

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ PREMIO NACIONAL !



Queremos darlle AS FELICITACIÓNS ao noso admirado escritor AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ, polo PREMIO Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil que hoxe mesmo lle ven de conceder o Ministerio de Cultura polo seu libro "O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR".
Porque é un incansable e optimista defensor da lingua,pola dilatada produción literaria e porque é unha peza vital para a educación literaria dos nosos nenos e nenas
En afirmacións á prensa declarou que se alegraba por todos os escritores galegos que están acadando recoñecemento polos premios outorgados.Desde o colexio de Quintela alegrámonos non só polas nosas letras senón polo propio escritor,xa que o consideramos sobradamente merecedor de tales méritos.
PARABÉNS DO COLEXIO DE QUINTELA!
Na nosa biblioteca temos un total de 49 libros do autor,se queres podes consultar cales son.

Información obtida de Galicia Hoxe.

09/10/08

LETRAS GALEGAS


O vindeiro ano 2009 homenaxearase a RAMÓN PIÑEIRO polas Letras Galegas,segundo anunciou a Real Academia Galega o pasado mes de xullo.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue