30/11/08

CAMPAÑA DE ANIMACIÓN LINGÜÍSTICA


VOCES Á ORELLA é o nome da campaña ,pola que Política Lingüística quere animar a mozos e cativos a empregar a nosa fala,gozando de distintos espectáculos







teatrais.Ademais,grazas aos acordos coas editoriais,estas agasallan a cada rapaz ou rapaza participante cun libro.
O xoves Infantil,e o primeiro ciclo asistiron a "REMOLDIÑO VAI Á FEIRA",representada por CASAHAMLET

10/11/08

CONTOS EN CANTOS

OQO editora ven de publicar un libro-DVD que recomendamos a todos e todas aos que lle gusten os contos e as cancións.A partir de contos como o de "Chocolata", "Loboferoz", ou o de" Corre,corre,cabaciña",Almudena Janeiro ideou cancións,pequenos bailes e "Karaoke" para nenos e nenas de infantil e primaria.A diversión está asegurada,e para que o probedes unha mostra:


Podes facer un comentario premendo en "comentarios"

Polo San Martiño....



O martes 11 de novembro,día de SAN MARTIÑO,celébrase a 4ª edición do día do peón.
Brinquedia,a asociación galega do xogo tradicional convoca a todos e todas para facer bailar os trompos nas vilas e aldeas..Xa se sabe,polo .......trompos ó camiño.O acto central desenvolverase ás 12 da mañá en Noia,pero ao mesmo tempo en moitas escolas lerase o tamén manifesto e estarán rodando os trompos,os peóns ,as buxainas...feliz día a todas e todos e sorte nas tiradas.

Magosto mollado


O xoves 6 de novembro celebramos o magosto no cole cunha xornada dedicada ás castañas pero tamén aos xogos populares. A programación era a seguinte:
Na pista pequena estaban os aros,para xogar coma no xogo das cadeiras solidarias ,no ximnasio había sacos para facer carreiras,no patio cuberto xogábase as birlos e a encestar aneis.Os trompos e as bolas estaban na parte de atrás do colexio,e na pista grande podíase xogar ao pano e ás cordas .

Pero chegou a choiva.O veraniño de San Martiño non nos acompañou e tivemos que cobixarnos no patio cuberto.

02/11/08

SAMAÍN EN QUINTELA

Coma outros anos,quixemos este outono recuperar a antiga tradición do tallado de caveiras.Ofrecer aos nosos cativos e cativas elementos lúdicos propios da nosa cultura.A resposta das familias foi turbadora polo abundante (máis de medio cento delas),xenerosa (polo tempo dedicado aos detalles)e espectacular que resultou.



Houbo todo tipo de propostas:divertidas,tétricas,chistosas,,coquetas ,elegantes, pero sobre todo o que máis chamou a atención de todos e todas foi a orixinalidade das producións .Grazas a todas as familias pola colaboración e interese demostrado.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue