21/12/10

Cine en galego.... misión imposible!

Gustarianos pasar unha xornada festiva cun pouco de cine en galego. Pero non, non é doado sen recurrir a dobraxes que xa contan con máis de cinco anos ( media vida nas idades dos noso cativos e cativas). Claro que non podemos utilizar os mesmos criterios que cando seleccionamos material audiovisual noutras linguas : temáticas, calidade das producións, valores trasmitidos..., simplemente temos que utilizar o que hai, que é ben pouco.
O paseo polos video clubs é desolador, case nada minimamente atractivo ou novidoso podemos atopalo na nosa lingua.
Buscabamos " A hora dos agasallos", que fora proxectada no circuito comercial en galego e que recrea a historia do Olentzero vasco, unha sorte de Apalpador de Euskadi, un carboeiro que deixa agasallos polo Nadal aos cativos daquelas contornas.
Ollamos esperanzados as iniciativas das editoriais no seu apoio á produción audiovisual, como é o caso do Soldadiño de Chumbo, ou as curtas que produciu a editorial OQO "Os contos do camiño"

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue