11/10/16

Noticia

Xornadas de Seguridade Vial no colexio

Desde o venres 23 ata o xoves 29 de setembro o alumnado de Quintela participou nunhas xornadas de Seguridad Vial organizadas pola DGT e coa colaboración da  policía local e protección civil.
Estas xornadas debéronse a que o curso pasado a clase de 4º de Primaria enviou unha carta a Helena, a coordinadora de educación vial da DGT, solicitando unhas xornadas de ed. vial para o colexio e recibiron resposta dela.
A propia Helena encargouse de organizar as xornadas coa axuda dun compañeiro.
Empezaron cunha charla nas aulas e na biblioteca para cada curso. Despois percorreron con bicis e karts (só 5º e 6º) un circuito montado na pista de fútbol. O circuito estaba organizado coma se fora unha estrada e había que moverse atendendo aos sinais de tráfico.
Aprenderon a moverse con seguridade pola rúa e a ser bos peóns.

Debaixo está o álbume de fotos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue