29/11/24

Diximed: dicionario de saúde para a rapazada

 Xa contamos coa versión galega de Diximed (dicionario médico básico para nenas e nenos).

Foi presentado este mes despois de cinco anos de traballo. O Servizo de Normalización Lingüística da USC encargouse da tradución dos textos e o alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP López Ferreiro de Santiago foi o responsable de ler e gravar as definicións.

Conta cun total de 363 palabras, 1 atlas con 10 debuxos sobre o corpo humano e 2 xogos interactivos.

Premede na imaxe e veredes que resulta moi interesante.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue