11/06/08

Foi xenial!





VISITA DO COLE DE RAMIRÁS
Estivemos moi inquedos mentras non chegou o día,pero a espera non puido ter un froito mellor:unha xornada de convivencia plenamente satisfactoria.O tempo axudou a que gozaramos das posibilidades do concelllo de Moaña,e a participación de profes e nenos axudou a que todos o pasaramos de rechupete.
Xogamos a levar ovos en culleres,a buscar limóns que nadaban na auga,fixemos carreiras de sacos e tiramos globos de auga.Ao final todos e todas tiramos da corda.Acabamos esgotados pero con ganas de volvera vernos e xogar xuntos.
O noso agradecemento ao Concello de Moaña pola súa valiosísima colaboración na organización da xornada,e ao alcalde por facer que pasaramos un rato tan agradable coa súa presencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue