29/01/09

PRÉSTANOS A TÚA VOZ

Na xornada do 30 de xaneiro escoitaremos poemas recitados polos rapaces e rapazas de Quintela,entre eles estará Laura co seu poema do sapiño ecoloxista,escrito por Ana Mª Romero Yebra:
Nunha charca grande
entre os carrizos
tivo Dona Sapa
un sapo moi lindo.

A súa pel era verde,
mollada e brillante,
os seus ollos redondos
a súa boca moi grande.
Era o máis bonito
de todos os sapos
pero non comía
e estaba delgado.

Mamá pregáballe:
-Come, pequerrechiño
porque se non comes
vas morrer.

Caza algunha mosca
ou algún vermiño...
Queres que che faga
torta de mosquitos?

-Non mamá, non podo
e ti xa o sabes.
Non vou comer
outros animais.
Son todos os bechos
como os meus irmáns.
Serei un sapiño
vexetariano.
E a partir de entonces
só comeu folliñas,
cachiños de xuncos,
pétalos de rosas,
tomates maduros
do invernadoiro.
margaridas brancas
e flor de romeu.

Se atopas un sapo
feliz e contento
que non come bechos
é o do meu conto.



Queres pprestarnos a túa voz para recitar este poema de Gloria Fuertes?
Só tres letras

Só tres letras, tres letras nada máis,
só tres letras que para sempre aprenderás.
Só tres letras para escribir PAZ.
O P, o A, e o Z, só tres letras.
Só tres letras, tres letras nada máis,
para cantar PAZ, para facer PAZ.
O P de pobo, o A de amar
e o zeta de zafiro ou de rapaz.
(De zafiro por un mundo azul,
de rapaz por un neno coma ti.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue