17/12/25

Visita a Afamo

 O alumnado de 6º de Educación Primaria viviu unha experiencia moi bonita e emotiva coa súa visita ao Centro de Día AFAMO.

Nos días previos, na aula preparamos con moita ilusión unha manualidade para regalar ás persoas usuarias do centro. Cada detalle foi feito con agarimo, coa intención de compartir un momento especial e sacarlles un sorriso.

O día da visita, fomos recibidos con moita amabilidade e alegría. Despois de entregar os agasallos, cantamos varios panxoliñas, enchendo o centro de música, aplausos e espírito de Nadal. 

Esta actividade axudounos a aprender valores tan importantes como a solidariedade, o respecto e a empatía, e tamén a comprender que pequenos xestos poden facer moi felices ás demais persoas.

Que teñades un. bo Nadal, AFAMO.








16/12/25

Celebramos o Nadal

Este venres celebraremos a festa de Nadal. As nenas e nenos de terceiro elaboraron uns fermosos carteis.

15/12/25

As orquídeas das Illas Atlánticas, tesouro ameazado

 Coma sempre gCiencia ofrécenos un artigo moi interesante sobre especies ameazadas. Neste caso fálannos das orquídeas nas Illas Atlánticas.

Premede na imaxe



11/12/25

Día da Ciencia en 4º

 Despois de moitos nervios, chegou o gran día.

Aquí vos deixamos os vídeos dos experimentos. 

Tivemos experimentos moi variados e agardamos que vos gusten.

As nenas e nenos pasárono moi ben!

10/12/25

Xornada de convivencia no IES A Paralaia

 O pasado 21 de novembro, o alumnado de 6º de primaria realizou unha saída ao Instituto IES Paralaia para celebrar unha xornada de convivencia e o magosto. Durante a mañá, puidemos participar en diferentes actividades preparadas polo instituto, pensadas para fomentar a colaboración, o respecto e o traballo en equipo entre estudantes de diferentes centro de Moaña que o próximo ano estarán e compartiran clase no insti.

Despois dos xogos, gozamos do tradicional magosto e compartimos un momento festivo nun ambiente próximo e agradable. A actividade permitiu reforzar a relación entre centros e vivir unha experiencia educativa diferente e enriquecedora.

Foi unha xornada divertida, participativa que agardamos repetir.






02/12/25

Conmemoración 25N

O martes todo o alumnado do centro falou e traballou sobre o 25N no cole. Crearon, entre todas e todos un mural representando as ás da liberdade con plumas que pintaron e levaban unha palabra significativa.

Quedou moi fermoso.

 

23/11/25

4º visita o Concello de Moaña

O alumnado de 4º de primaria tivo o pracer de recibir unha visita guiada polo concello de Moaña dentro do programa "Aprende Moaña".

Alí aprenderon moitas cousas interesantes sobre o seu funcionamento, puideron falar coa alcaldesa e simular un pleno.











21/11/25

Visita ao porto de Vigo

O luns, os alumnos e alumnas de 4º e 5º de primaria aprenderon moito sobre o fondo da nosa ría no Nautilus e o Hidria Segundo.







13/11/25

Protectora do Morrazo

 A aula de 6º de infantil está desenvolvendo un interesante proxecto sobre os CANCIÑOS, a mascota elexida para este curso. 

Como parte da investigación, puxémonos en contacto coa Protectora de Animais do Morrazo e organizamos un recollida solidaria de comida para cans e gatos. Visitamos as aulas avisando ó resto do alumnado e animamos a toda a comunidade educativa a participar.


Tamén tivemos a sorte de recibir no centro a visita das coidadoras da protectora, Lorena e Sandra, que nos explicaron a súa labor diaria e resolveron todas as dúbidas do alumnado sobre o coidado e a protección dos canciños.




Antes da visita da Protectora ao colexio, un sábado pola mañá, as familias e o alumnado da clase de 6ºI desprazáronse ata a Protectora para pasear aos canciños dando un paseo polo monte. Foi unha experiencia marabillosa, chea de aprendizaxe, respecto e cariño cara aos animais.


Dende aquí queremos agradecer a colaboración e o entusiasmo de todas as familias, así como o apoio da Protectora do Morrazo para facer posible esta experiencia tan especial.


 

12/11/25

Celebramos o Magosto

 O luns celebramos o magosto no cole. 

Divertímonos moito cos xogos populares (carreiras de sacos, zancos, soga tira...).

Comemos castañas e tamén un chouripán co que nos agasallou a ANPA, á que queremos agradecer unha vez máis a súa gran axuda e colaboración co centro.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue