Amosando publicacións coa etiqueta Protectora do Morrazo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Protectora do Morrazo. Amosar todas as publicacións

13/11/25

Protectora do Morrazo

 A aula de 6º de infantil está desenvolvendo un interesante proxecto sobre os CANCIÑOS, a mascota elexida para este curso. 

Como parte da investigación, puxémonos en contacto coa Protectora de Animais do Morrazo e organizamos un recollida solidaria de comida para cans e gatos. Visitamos as aulas avisando ó resto do alumnado e animamos a toda a comunidade educativa a participar.


Tamén tivemos a sorte de recibir no centro a visita das coidadoras da protectora, Lorena e Sandra, que nos explicaron a súa labor diaria e resolveron todas as dúbidas do alumnado sobre o coidado e a protección dos canciños.




Antes da visita da Protectora ao colexio, un sábado pola mañá, as familias e o alumnado da clase de 6ºI desprazáronse ata a Protectora para pasear aos canciños dando un paseo polo monte. Foi unha experiencia marabillosa, chea de aprendizaxe, respecto e cariño cara aos animais.


Dende aquí queremos agradecer a colaboración e o entusiasmo de todas as familias, así como o apoio da Protectora do Morrazo para facer posible esta experiencia tan especial.


 

05/03/19

PROTECTORA DO MORRAZO

O ALUMNADO DE 6º DE INFANTIL, DURANTE O PRIMEIRO TRIMESTRE, DESENVOLVEU UN PROXECTO SOBRE OS CANCIÑOS NO QUE APRENDERON UN MONTÓN DE COUSAS. 
TRABALLANDO ESTE TEMA PUXÉMONOS EN CONTACTO COA PROTECTORA DE ANIMAIS DO MORRAZO PARA QUE NOS EXPLICARAN O SEU TRABLLO  NA PROTE COS CANCIÑOS E ASÍ TAMÉN POÑER EN VALOR NA COMUNIDADE O LABOR TAN IMPORTANTE QUE FAN.
OS CANCIÑOS FIXERON ESTA REPORTAXE, CONVERTÉNDONSE ELES EN "PEQUEPORTEIROS/AS" E ASÍ DIFUNDINDO O SEU  LABOR.

01/12/18

Visita da Protectora de Animais do Morrazo

Esta semana, na clase de 6º de infantil,  recibiron a visita de Lorena e Rebeca, traballadora e voluntaria da Protectora de Animais do Morrazo.
Estaban entusiasmados coa visita, xa que este trimestre estiveron investigando a tope sobre os canciños e elas, están facendo unha labor importantísima cos nosos "amigos".
Visitounos tamén Chispa, unha cadeliña moi boa que soubo acoller todos os mimos que tiñan gasdados para ela.
Explicáronlles o labor tan importante que fan na protectora, o traballo diario que teñen que facer (limpar, dar de comer, atender aos cans enfermos, levalos ao veterinario, peinalos,...), a importancia do microchip,...

GRAZAS POLA VOSA VISITA E POLA IMPORTANTE LABOR QUE FACEDES!!!

08/06/18

Saímos na radio

Hoxe Xulio e Zoe, acompañados de María, a profe de inglés, foron ao programa de Paula Suárez  "De Viva Voz" de Single Radio.
Alí falaron ( e fixéronno moi ben )de Pinto e Pistacho, os cans da Prote que temos apadriñados, e contaron as cousas que facemos e aprendemos para coidar dos animais e concienciar á xente de que non se abandonan.



08/05/18

Nós falamos por eles

O alumnado de 6º curso estivo en contacto coa PROTE DO MORRAZO. Logo de coñecer os canciños e as súas historias, decidiron poñerlle a súa voz e falar por eles.
Isto é o que dixeron:

22/06/17

Visita da Protectora do Morrazo

Aquí vos deixamos un texto elaborado por Sarah, de 4º de primaria, sobre a visita da Protectora do Morrazo:
Na última semana de clase os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria tivemos a visita inesperada dos nosos afillados: Pinto e Pistacho. Elas, as representantes da protectora, nos explicaron todo, como por exemplo o importante que é adoptar.
Presentáronse e dixeron como se chamaban: Marga e Luísa.
Amosáronnos unha presentación de diapositivas que por certo tiña moita información e que trataba de…saber educar aos cans, e o importante que é adoptar e non comprar, e tamén nos ensinaron un vídeo do seu día a día.E finalmente deixáronnos agarimar aos cans.

 A min encantoume a experiencia.
 Moitas grazas Marga e Luísa.


Autora: Sarah, 4º de Primaria










18/04/17

Pinto e Pistacho

Porque queremos educar nenos e nenas responsables e respetuosos coa natureza e os animais, o cole de Quintela, en nome do alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria apadriña a dous canciños acollidos na Protectora de animais do Morrazo.
Esta semana o alumnado coñeceu as súas historias, e dende agora o alumnado  de 3º e 4º apadriña a Pistacho e o alumnado de 5º e 6º apadriña a Pinto.




 As súas obrigacións son preocuparse por eles e de vez en cando atopar un momento para ir visitalos e darlles cariño.
 Papás e mamás, contamos con vós para conseguir os nosos obxectivos!





Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue