Fermosas as cabazas que prepararon as nenas e nenos para decorar o cole e acender no día do Samaín.
02/11/25
12/11/24
Galletas de cabaza
Os pandas e as bolboretas convertéronse o luns en cociñeiros e cociñeiras. Fixeron unhas ricas galletas de cabaza, aproveitando a celebración do Samaín.
27/10/24
Chega o Samaín
A vindeira semana toca levar as nosas cabazas decoradas ao colexio.
As nenas e nenos de 4º axudaron aos amigos lectores a preparar a notiña para saber como decorala e pasárono moi ben!
08/11/23
Somos cociñeiros!
No tempo de Samaín a clase de Primeiro fixo de cociñeiros e cociñeiras.
Primeiro limparon e coceron a cabaza. Despois coa receita á man, cada quen escribiu o nome dun ingrediente e foi engadindo e amasando seguindo a quenda.
As galletas estaban deliciosas.
No cole todos querían probar as galletas de primeiro!
03/11/23
Contacontos na biblio
Este xoves o alumnado de 3º e 4º de primaria gozou na biblio dun conto de medo titulado: "O medo de Mo".
26/10/23
Enredos de Samaín
Nesta entrada poñemos á vosa disposición uns interesantes enredos de Samaín para tódalas idades.
Dámoslles as grazas ao EDLG do CPI de Zas por compartir este recurso no Portal da Lingua Galega.
Premede na imaxe
29/10/22
Samaín 2022
21/10/22
Preparándonos para o Samaín
01/11/21
Samaín 2021
Un ano máis os nosos corredores enchéronse de outono e Samaín coas cabazas tan fermosas que recibimos.
Moitas grazas a todas as familias pola colaboración.
30/10/21
14/10/21
O Samaín
Achégase o Samaín e aquí vos deixamos unha chea de materiais elaborados polos EDLG de varios colexios, que pon á nosa disposición o Portal da Lingua Galega.Animádevos e enredade un pouquiño xa que hai actividades para todos os gustos.
Premede na imaxe
05/11/19
Samaín 2019
30/10/19
O Samaín
13/11/18
O Samaín no colexio
Aquí deixamos un resumo, feito polo alumnado de 5º curso, do día 31 de outubro ao entrar o alumnado no cole. Atoparon todas as luces apagadas e as cabazas prendidas. Gustoulles moito!
Moitas grazas a todas as familias polas fermosísimas e orixinais cabazas!!
31/10/18
Tríptico de Samaín
30/10/18
Adiviñas, refráns e ditos de outono
03/11/17
Samaín 2017
24/10/17
Adiviña de outono
03/11/16
Cabazas terroríficas na aula de 4º curso
26/10/16
Noticias frescas!
Un colexio chamado Quintela en Moaña , sorprendeu a todos os seus alumnos este luns, a principios de semana. Puxeron bolsas de lixo negras por dentro das portas de cristal cortadas en tiras e con todo escuro, teas de araña, cabazas pintadas e decoradas polos alumnos,…
Este venres a finais de semana en horario escolar farán o acendido das cabazas cunha vela dentro e as porá nos corredores. .
O colexio de Quintela xa está preparado para o Samaín.
Zoe, 4º de Primaria
Para facer un comentario
- Pulsa co cursor enriba de comentarios
- Elixe de identidade "Nombre"
- Pulsa en "Publicar comentarios"
- Pon o teu nome
- Escribe o teu comentario no recadro
- Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue




