03/06/08

UNHA LENDA DE RAMIRÁS



Os nenos e nenas de Ramirás, en Ourense envíannos esta lenda,tamén dunha moura como a que temos en Moaña

A LENDA DA COVA DA MOURA (Ramirás)



Nun tempo pasado un grupo de mouros vivían nunha cova que está nunha serra moi preto de San Paio dos Pitos (Ramirás).


Os mouros vivían alí para agochar os tesouros que lles roubaban aos cristiáns. Uns dos tesouros máis fermosos que conta a lenda eran unha campá e unha trave douro, entre outros moitos.


Un día, os cristiáns xa fartos deles, decidiron botalos pero, tras varias tentativas, foi imposible. Eles eran invencibles na serra e aínda por riba agochábanse na cova e parecía que desaparecían se a cousa se puña fea.

Un dos cristiáns chamado Santiago, ideou un plan que sería magnífico para botalos dunha vez por todas. O plan consistía en que tódolos labregos botaran ós seus porcos que tiñan nas súas casas cara a serra, debido a que os mouros non poden ver a este animal, porque parece ser que non miran cara o sol e os mouros identifican ó seu Deus co sol.


O plan funcionou e os musulmans tiveron que fuxir a toda presa deixando tódolos tesouros, incluso os máis preciados para eles: a trave douro e a campá, pero antes de fuxir soterraron estas dúas cousas na serra na que vivían.


Aínda hoxe ninguén descubriu onde está soterrado o tesouro, moitas persoas intentárono e non deron con el.


Os mouros cando fuxían desesperadamente dicían laiando e chorando:


“Adeus terra Silvá,

Eiquí che queda a trave de

Ouro e unha alegre

Campá”


Os cristiáns ó ver que fuxían apoderáronse dos tesouros que alí tiñan, menos a trave douro e a campá. Fundiron o ouro que había para facer unha imaxe de Santiago Apóstol.


FIN


Nenos e nenas de 6º de Primaria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue