27/04/08

LETRAS GALEGAS

O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas lembrando que ese día se publicou o libro de Rosalía de Castro : CANTARES GALLEGOS.Non se sabe de certo que día exacto foi,pero esta data era a que figuraba na dedicatoria a un admirado amigo seu(Fernán Caballero).Rosalía vivíu en Padrón, na provincia de A Coruña e nese poemario inclúese "Adiós ríos ,Adiós fontes",no que a autora nos fala do moito que botaban en falta a súa terra os emigrantes.

Adiós ríos, adios fontes,
Adiós regatos pequenos,
Adiós vista dos meus ollos
Non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,
Terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
Figueiriñas que prantei.

Prados, rios, arboredas,
Pinares que move o vento,
Paxariños piadores,
Casiña do meu contento.

Muiño dos castañares,
Noites craras de luar,
Campaniñas trimbadoras
Dá igrexiña do lugar.

Amoriñas dás silveiras
Que eu lle daba o meu amor,
Camiñiños antre o millo,
Adios para sempr' adios!

Adios groria! adios contento!
Deixo á casa onde nacin,
Deixo á aldea que conozo,
Por un mundo que non vin!

Deixo amigos por estraños,
Deixo a veiga por o mar,
Deixo, en fin, canto ben quero...
¡Que pudera non deixar!...



Tamén está neste poemario "Campanas de Bastabales", que Prada cantou con igual acerto.

Campanas de Bastabales,
Cando vos oio tocar,
Mórrome de soídades.


l.

Cando vos oio tocar,
Campaniñas, campaniñas,
Sin querer torno a chorar.

Cando de lonxe vos oio,
Penso que por min chamades,
E das entrañas me doio.

Dóiome de dor ferida,
Que antes tiña vida enteira,
e hoxe teño media vida.

Solo media me deixaron
Os que de aló me trouxeron,
Os que de aló me roubaron.

Non me roubaran, traidores,
¡Ay! uns amores toliños,
¡Ay! uns toliños amores.

Que os amores xa fuxiron,
As soidades viñeron...
De pena me consumiron.

16/04/08

Obradoiro de lingua divertida




Dende o martes 15 de Abril ata o venres , os alumnos e alumnas de 6º curso están a participar no obradoiro de "LINGUA DIVERTIDA" , organizado polo servicio de Normalización Lingüística do concello de Moaña, co obxectivo de achegarlles a realidade sociolingüística que os rodea dun xeito lúdico e educativo.

Traballase con técnicas de animación e dinamización sociocultural en catro sesións de 90 minutos divididas a súa vez en catro bloques cos seguintes contidos:

Habilidades persoais.

Diversidade cultural e lingüística.

Modelos e roles sociais.

Construcción persoal.


Esta actividade é impartida por

05/04/08

uns contacontos moi especiais II

¡VAIA ÉXITO!
Tal como supoñíamos os nenos e nenas de Infantil e o primeiro ciclo e Primara desfrutamos na biblioteca dunha chea de emocións,desde a ternura ó medo ,pasando pola diversión e a intriga .O barco eran os contos de Kalandraka e Oqo,e os magníficos tripulantes os alumnos de 4º de ESO que con unha esmerada preparación cautiváronnos coas súas historias.
Traían a entonación ensaiada,a posta en escena,a presentación dos contos,por suposto os textos e ata pequenas dramatizacións.
Viñeron cargados de contos ,xa que a selección era ampla,de personaxes,de recursos,de complementos de vestuario,ata nos trouxeron un teatiño de monicreques.
Os pequenos non souperon elixir un conto para avaliar as súas preferencias,e cando lles preguntamos cal lle gustara máis foron moi claros:TODOS.
A nosa intención era que o galego servira para pasar un tempo cargado de emoción e desde este colexio pensamos que o obxectivo foi amplamente cuberto.Que mais poderemos decir para explicar o desenvolvemento óptimo da actividade,parécenos que o seguinte:O VINDEIRO CURSO MÁIS.
O noso profundo agradecemento ós contadores e ó equipo de profes que fixo posible esta actividade.

01/04/08

CONTACONTOS







Falta pouco para que recibamos a visita duns contacontos moi especiais.Así nos parece que serán os alumnos e alumnas de 4ºESO do IES Paralaia,que virán o xoves 3 de abril.Eles saben o moito
que nos gustan os contos,así que esperamos ansiosos a súa chegada.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue