19/05/09

Iván Costa:un ex-alumno moi especial




Un dos apartados do noso proxecto é "AQUÌ VIVIMOS" onde recompilamos informacións e experiencias sobre o noso concello.Trátase de coñecer o que temos preto para valoralo e poder ensinalo ao mundo.
Iván Costa,ex-alumno do noso colexio ,aproveitou cunha sensibilidade notoria as ensinanzas de Xavier Blanco e do gaiteiro Moxenas.
A súa dedicación incansable e o seu talento fixérono participar nunha morea de proxectos: o conservatorio de Música tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo e a orquestra Son de Seu,traballos editoriais para a didáctica da gaita,recollida de pezas tradicionais por todo o país,espectáculos de música e danza....
Os seus méritos foron recoñecidos con varios premios:Lorient,Constantino Bellón...e o seu prestixio faino formar parte de múltiples xurados de certames musicais.
Ten publicados varios discos ,destacamos ÁVREGO ,o seu primeiro traballo en solitario con temas tanto de produción propia coma recollidas doutros gaiteiros .
O mércores virá cos seus instrumentos e ademais gozar da súa música intentaremos que volva a sentirsea gusto no seu colexio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue