A Coordindara Galega de Endl botou a andar hoxe unha nova campaña, coa que quere transmitir ao conxunto da sociedade galega, un sentimento que debería ser común a todos nós: o orgullo de termos unha lingua propia.
Unha lingua que herdamos e que nos permite comunicarnos con milleiros de persoas no mundo, unha lingua válida en calquera eido, unha lingua que lonxe de ser un problema é unha gran sorte para todos nós.
Como , senón grazas a esta lingua, poderíamos chamarlle de tantos xeitos á choiva?
Algunhas caras coñecidas do mundo do cine, do xornalismo e da música, prestaron á súa imaxe á campaña, amosándose 100% orgullosos do galego: Luis Tosar, María Castro, Belén Regueira, Antón Reixa, Susana Seivane, Martiño Rivas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.