A videoconferencia programada pola CGENDL, en colaboración coa USC e o CERN a través do IES Porto do Son foi un completo éxito.
Desenvolveuse sen dificultades técnicas, pero o máis salientable deixando a un lado o carácter innovador da actividade, foron as emocións vividas. Saber que moitos outros rapaces e rapazas, mestres e mestras estaban a ver e escoitar o mesmo ca nós, lendo no chat as súas impresións era moi emocionante. E sobre todo saber que uns eminentes científicos e científicas dedicaban o seu tempo a facer comprensible esa parte da Física tan pouco visible, casi esotérica ou achegada á ciencia ficción: a física de partículas
As didácticas explicacións de Teresa Fonseca e Abraham Gallas Torreira trasladáronnos nun abrir e pechar de ollos ao túnel acelerador de partículas e a imaxinación das minúsculas partículas que integran a materia.
Desde a USC nunha experiencia pioneira, os profesores Carlos Salgado e Elena Ferreiro resolveron a morea de dúbidas que sobre o mundo que nos rodea se foron verquendo desde todos os puntos do país.
E despois está a mensaxe para a nosa lingua, que acompañou a estes prestixiosos científicos e científicas na súa esplendorosa carreira sen constituír traba algunha.
Parabéns a todos os organizadores por tan proveitosa actividade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.