
Tal como se anunciara na I Asemblea da CGENDL, esta segue o seu traballo sen preguiza nin medo á hora de traballar pola Normalización Lingüística .
O sábado 13 de novembro, no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela celebrouse a segunda asemblea nun ambiente de ilusión e apoio unánime ás propostas presentadas. Foron aprobados o Informe Anual do curso pasado e o Plan de Traballo para 2010-2011.
Servir de voz aos equipos , recoller as súas propostas e planificar accións que axuden a vencer prexuízos de xeito creativo, seguen sendo as súa liñas de actuación .
A asamblea acolleu con entusiasmo o Premio Altofalante 2010 que a Asociación Cultural Altofalante de Ribeira acaba de conceder á CGENDL polo recoñecemento ao traballo a prol da lingua desde o voluntarismo, a pluralidade e a racionalidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.