28/11/10

Novidades editoriais no Culturgal


Remata hoxe a Feira das Industrias Culturais Galegas, o Culturgal.
Alí puidemos atoparnos coas últimas novidades editoriais , entre elas "O soldadiño de Chumbo", un libro-DVD editado por Galaxia sobre unha agraciada adaptación do coñecido conto clásico. Libro xoia poderíamos dicir, xa que as ilustracións son fotogramas da película de animación do mesmo título elaborada coa técnica Stop-Motion polos prestixiosos Virginia Curiá e Tomás Conde.
Esta multipremiada curtametraxe está ambientada no Museo dos xoguetes de Allariz, no que tamén vive a fermosa bailarina da que namora o soldadiño. Deliciosa! Nuns días poderedes gozar deste conto na nosa biblioteca.
Desde a editorial OQO tamén nos chegaron outras delicias, entre elas as películas de animación"Os contos do camiño" que sobre títulos como "O gato na árbore" presentaron na xornada do sábado . Esperemos que os poderes públicos apoien iniciativas coma estas ,rompendo as dinámicas dos últimos tempos, para que os nosos cativos poidan gozar da gran calidade que ofrecen estes audiovisuais galegos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue