![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiyG-253I0d-dMcFq02srbNGxAiIrjkmtqNOPCZE1rrl7w4flSQDkP9EHmjDu1UEOpmKuYPF7CTMqh6kxRy3ahXxBLrS6NIuiN2SvfYLUHzcHzCwgS8mgFdWZkBnK7XCHhFiy_5qaNqmfB6/s320/barcos56.jpg)
Xesús Alonso Montero, no seu artigo do libro"Cada palabra pesaba, cada palabra medía.Homenaxe a Antón Santamarina", recolle esta carta escrita en 1888 por Sofía Cordal Piñeiro ao seu home, emigrado nas Américas:
...."Por un instante tívente comigo, estiveches conmigo neste escano da lareira onde tantas horas de parola temos pasado. Falabamos de todo e de tódalas castes de xente, tamén dos ricos da aldea e dos ricos da vila, felices eles por seren ricos (pensabamos). Foi nunha desas conversas cando acordamos –aínda me da frema recordalo- que foses ás Américas pra facermos pola vida. Aí estás, meu corazón, e non aquí, conmigo, como eu, astrónoma de min, pensaba hai un anaquiño. Se che parece volve canto antes; non temos fillos que manter e de fame non hemos morrer, aínda que teñamos que ir ó xornal, se o hai, nos meses de traballos máis duros. Mirándoo ben, ahí, na Habana, de mucamo, non se fai un rico coesa cafarnaxe de amos. ¡Volve, meu rei! ¡Eu non vivo sin o teu falar!"
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.