05/03/11

Madamas e galáns en Moaña


A Asociación cultural Meiramar-Axóuxeres ven desenvolvendo un importante labor na recuperación e difusión da cultura tradicional, nomeadamente a relacionada coa música e o baile. Nestes días presentarán unha publicación que recolle a investigación desenvolvida sobre o Entroido de Moaña, os costumes, os personaxes, as danzas e a música, as roupas..
Para coñecer algúns destes datos, estivo con nós o presidente da asociación, Geno Piñeiro que coa súa interesante e didáctica charla trouxo personaxes dos que nada sabíamos. Gustounos coñecer ao Fedelloso e ao Home do saco,  que permanecían na memoria dos nosos maiores e que agora xa coñecemos nós tamén.
O Fedelloso era un personaxe do entroido moañés , saía coas madamas e os galáns pero representaba o papel contrario a estes, xa que en lugar de ser admirado, resultaba molesto polo cheiro que desprendía e as bromas que gastaba aos veciños.
Tamén os acompañaba un home do saco, encargado de manter afastado ao público dos danzantes. Utilizaba a seguinte técnica: levaba un saco cheo de toxos e outras plantas con pinchos e ao arrimarse á xente, facía que estes se retiraran cara atrás para evitar picarse.
Estas foron algunas das informacións que nos truxo Geno Piñeiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue