
O vindeiro 4 de novembro celebrarase a II edición do Día da ciencia en galego .
A CGENDL participará organizando, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, dúas videoconferencias destinadas ao Ensino Secundario e á Educación Primaria.
Angel Carracedo, director do Instituto de Medicina Legal e do grupo de Medicina Xenómica da USC e Mª Isabel Fraga Vila, profesora titular do Departamento de Botánica da USC e directora do Museo de Historia Natural, serán os encargados de achegar os coñecementos científicos ao alumnado, nunha actividade que pretende poñer a nosa lingua en valor.
Como veremos, todo tipo de coñecementos e aprendizaxes poden darse en calquera lingua, e o galego é tan válido coma as demais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.