09/05/12

Correlingua do Morrazo,III edición

O luns 14 de maio, no concello de Moaña, celebrarase a III edición do Correlingua do Morrazo. Máis de 1500 nenos e nenas de dezaoito centros de ensino de Moaña, Cangas, Bueu e Marín participarán na xornada, que contará como nas edicións anteriores cun completo programa de actividades.

A marcha percorrerá as rúas principais de Moaña mentres o alumnado de infantil participas nos obradoiros que os equipos de Dinamización Lingüística da EEI O Con, o CEIP Abelendo e o IES de Rodeira desenvolverán na sala de exposicións da Praza de Abastos, con pintado de murais , xogos musicais e sesións de conatacontos.
Despois da merenda, na que contaremos coa colaboración da empresa LEITE DO ULLA, chegará o esperado concerto de PESDELÁN, que presentará as danzas do seu disco "Na punta do pé". O profesorado de música,colaborou tamén nesta actividade, traballando co alumnado ao longo do curso.
É cumpprido o agradecemento á FEDERACIÖN DE ANPAS de Moaña e a COMUNIDADE DE MONTES de Domaio  polo seu patricinio do concerto.
Esperamos pasar unha xornada lúdica en galego, activa e divertida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue