A xornada do Corrrelingua que se celebrou o 14 de maio en Moaña, resultou ser un éxito tanto polo número de participantes como polo aproveitamento da xornada. O alumnado participou activamente no concerto de Pesdelán organizado polos equipos de Dinamización Lingüística e financiado conxuntamente coa Federación de ANPAS de Moaña e a Comunidade de Montes de Domaio.
Parte do éxito da xornada debémoslla á colaboración activa do alumnado do equipo de Dinamización Lingúística do IES de Rodeira, que en todo momento estivo ocupado en axudar ao alumnado de Infantil (tamén ao de Primaria), tanto nos obradoiros como nas cuestións organizativas.
Aquí os temos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.