O venres 8 presentouse no salón de plenos do concello de Moaña, o novo libro da Asociación Nós: "A escola pública en Moaña, 1786-1970".
Interviron no acto Xosé C. Villaverde presidente da asociación, o profesor da USC Antón Costa Rico, e os autores do libro Xesús Cancelas Franco, Xesús Rodríguez Parada e Manuel Méndez Fraguas.
Entre o abundante público encontramos antigos alumnos e alumnas, mestres e ata inspectores gozando das interesantes informacións que os oradores transmitían a medida que contaban como se desenvolveran as investigacións que deron como froito esta interesante publicación.
O terceiro capítulo versa sobre a nosa escola ao longo de 26 páxinas e abundante información gráfica sobre a súa historia.
Recomendamos esta interesante investigación sobre o ensino público en Moaña que xa podemos atopar na librerías.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.