![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjVIDrgi3AtUu1nQKk4V_AKGuPByFDhx4qTVaSTtjEVWAmWKOLxwB-1qejFw0evMkXyaVdbgDQzLvEk3T2Bf08W-OXQPQIfpVTUujatQf8HdHc9bBr7ccQKEECYvDH-m4fYe0-1NqVWgGox/s320/dia_aves_2012.jpg)
A primeira hora estendéronse a redes e tiveron lugar os primeiros avistamentos de aves e ao longo da mañá desenvolvéronse as actividades de anelamento, rexistrando os parámetros físicos de cada ave e permitindo aos cativos e adultos o coñecemento dos costumes de cada individuo.
Repartiuse entre os asistentes distinto material incluído o libro que o Grupo Anduriña editou sobre o espazo natural de punta Balea.
Este tipo de actividades axúdannos en primeiro lugar a coñecer o contorno, pero tamén a valorizar o rico patrimonio natural que posuímos .
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.