02/05/13

Conta que che conto intercentros

Este ano , a actividade "Conta que che conto" deixou de ter sempre como público ao alumnado do noso cole.As sesións de contacontos nas que os contadores son os nenos e nenas, viaxaron á Escola de Educación Infantil O Con. Temos que valorar moi positivamente o resultado da actividade, pola motivación que facer de maiores lles aportou e o que se esfozaron para que o conto quedase o mellor posible. Non podemos esquecer que estes nenos e nenas só empregan o galego na escola, e é aquí onde aprenden case todo o que saben da nosa lingua. Aquí temos a sesión protagonizada polo grupo de 2º de Primaria, co conto "O Oso Atrapabolboretas", da Editorial OQO:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue