18/02/15

Madamas e Galáns en Quintela

Na semana do Entroido recibimos a visita da Asociación Cultural Meiramar-Axóuxeres. Os cursos de 4º, 5º e 6º participaron nunha amena charla sobre o Entroido tradicional de Meira, a cargo de Geno Piñeiro, presidente da asociación. Co apoio dunha presentación de fotografías relacionou o antigo entroido de Meira con outros entroidos tradicionais e explicou claramente como fora o traballo da Asociación para investigar e recuperar despois esta festa que xa quedaba só na memoria dos máis vellos.
Contamos ademais coa participación dunha parella de Madama e Galán que nos amosaron os seus ricos traxes ea súa arte na danza:


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue