Asociación de mariscadoras de Moaña
O alumnado de 5º e 6º curso quixeron saber máis sobre a Asociación de mulleres mariscadoras de Moaña, unha das asociacións pioneiras de Galicia.
Por este motivo pedíronlle a Tere, á avoa de Adriana ( 6º de Infantil) que é mariscadora e membro da directiva da Asociación de mulleres, que viñera ao colexio acompañada de Mª Dolores, a Presidenta da asociación.. Estas dúas mulleres contáronlles as suas loitas por un traballo digno, polo recoñecemento dos seus dereitos como traballadoras.
O alumnado de quinto curso elaborou unha exhaustiva entrevista. Cos datos recompilados, o alumnado de sexto curso elaborará un documento que xa vos achegaremos.
O alumnado de 5º e 6º queren destacar a dureza da súa tarefa, o prolongado da súa loita para ter un salario digno, e a vocación polo seu traballo, a ilusión que transmiten.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.