Os nenos e as nenas da clase das bolboretas (6º Infantil) investigaron sobre a súa mascota...este foi o seu proxecto durante o 1º trimestre.
O traballo por proxectos ofrece moitas posibilidades aos nenos e nenas, xa que aprenden investigando, experimentando e vivindo cada un dos procesos de ensinanza-aprendizaxe, ademais de contar co extra indispensable de nacer dos propios intereses e inquietudes.
Este é o resultado da súa investigación!! Fixeron unha exposición oral do seu traballo na biblioteca para os máis pequenos do cole, xirafas e gatiños, e para os nenos e nas de 1º e 2º, para explicar aos demais o seu traballo e todo o aprendido.
Felicidades bolboretas polo voso traballo!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.