21/06/16

Leticia Santos na galipedia

Durante este curso que está a piques de rematar o alumnado de 5º e 6º fixeron un traballo de recollida de información sobre Leticia Santos, a actual alcaldesa de Moaña.
Os nenos e nenas de 5º elaboraron unhas preguntas e moi amablemente a alcaldesa respondeulles a todas na biblioteca do noso cole.
Despois o alumnado de sexto redactou un texto que lle enviaron a Leticia por se houbese algún erro.
Esta última semana de clase xuntáronse na aula tics o alumnado de 5º e 6º e coa axuda de Isa (a directora do noso cole) subiron á galipedia o artigo.
Unha vez máis queremos agradecerlle a Leticia a súa colaboración e amabilidade para que este traballo fose posible.

A seguinte foto e de dous alumnos de 6º facendo o traballo na pizarra dixital.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue