20/03/18

A presidenta da Comunidade de Montes de Moaña visita a clase de 2º

O alumnado de 2º recibiu a visita da Presidenta da Comunidade de Montes de Moaña, Belén Couso. Acompañábaa Xulio e os dous contáronlles como coidan os montes de Moaña para que todos e todas poidamos visitalos e sentirnos orgullosos. Podan , desbrozan, limpan, plantan,...son moitas as tarefas que desenvolven. Así podemos evitar que os incendios os destrocen.
Os nenos e nenas  entregáronlles os carballos que estiveron coidando desde o outono. Sementaron landras porque queren un monte cheo de árbores, non de cinza.

MOITAS GRAZAS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue