Como sabedes, o mércores 13 de xuño, todos os nenos e nenas do cole estivemos de xornada de convivencia en Castrelos.
Tanto 5º como 6º, fixemos unha ruta polo río Lagares ao chegar, logo visitamos o Pazo de Fernando Quiñones de León, demos un paseo polos xardíns que rodean o mencionado Pazo e despois comemos, xunto co resto de alumnado do cole, no parque de Castrelos. Xogamos e voltamos para o cole, non sen antes acompañar aos pequenos ata o bus.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.