Isto é o que contaron os nosos nenos e nenas da visita ao Concello.
Quedamos encantados- as!
O xoves día 6 de febreiro visitaron o Concello.
Ao chegar recibiunos Aldán.
A mariscadora é o símbolo de Moaña por iso está na entrada do Concello
Ensinoulles estas áreas: Padrón, Rexistro, Información, a Policía Local, Arquivo Municipal,
a Sala de Xuntanzas da policía, os calabozos,Urbanismo, Oficina de Información ao Consumidor, Muller e Igualdade, Normalización Lingüística, Cultura, Facenda, Deportes, Secretaría.
Cando remataron entraron no despacho da alcaldesa Leticia Santos, onde os recibiu xunto coa concelleira e concelleiro.
Alí puidemos facerlles as preguntas que elaboraron
Por último rematamos con Odilo no salón de plenos. Estivo explicándolles como se sentaban dependendo de que partido foran e como funcionaba un pleno.
Foi un día moi interesante!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.