Con motivo da celebración do Día da Muller, o alumnado de 6º de infantil reciciu na aula a Bea, a tía de Lía, que é redeira, ou atadeira (porque as redes non se cosen, átanse).
Faloulles da importancia do seu traballo, desempeñado maioritariamente por mulleres, nunhas condicións moi duras e cuns salarios moi baixos.
Tamén lles amosou como son as agullas e o fío que empregan e como hai que sentar e colocar a rede para poder atala.
E o mellor de todo: deixoulles probar!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.