O Consello da Cultura Galega programou para este curso unha serie de seis documentais para dar a coñecer e poñer en valor o traballo de promoción da lingua galega nalgúns Centros de Ensino de Galicia.
Nestes documentais participaron máis de cincuenta persoas, entre alumnado, profesorado, familiares e outros membros da comunidade.
Da man destes colectivos coñeceremos as accións a prol do galego que se levan a cabo nestes centros coas súas vantaxes e as súas dificultades.
O noso colexio foi escollido para participar neste traballo e o documental será estreado o día 25 de abril.
Deixámosvos nesta entrada os vídeos dos tres primeiros documentais.
Agardamos que vos gusten!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.