Os nenos e nenas de 3º cantaron A xoaniña, do libro Cantos Animais, de Susa Herrera
Os nenos e nenas de 4º representaron a obra de teatro Polas pólas, adaptación da novela xuvenil El árbol de Julia, de Luis Matilla. Foi unha adaptación realizada pola profe Galicia.
En 5º, interpretaron con instrumentos de láminas unha adaptación do fragmento máis coñecido da Oda a alegría, da 9º sinfonía de Beethoven. Mirade que ben o fixeron! Traballaron moitísimo
Os nenos e nenas de 6º tocaron unha adaptación para orquesta escolar realizada pola profe de música María. Trátase da peza O son do ar, que se deu a coñecer polo grupo musical Luar na lubre. Quedou moi fermosa e traballamos moito na clase de música. Saiunos xenial!
En 6º, representaron tamén a obra de teatro Revolta animal, unha adaptación da famosa obra de George Orwell, realizada pola profe Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.