O alumnado de Educación Infantil, visitou o Museo do Mar de Vigo.
Participaron nun obradoiro de "Tesouros da Ría", onde puideron descubrir a rica diversidade mariña que temos na nosa ría de Vigo.
Explicáronlles a gran diversidade de especies coas que convivimos, e puideron tocar tanto unha esponxa, como corais, mandíbula de pel de tiburón, ovos de raia, cunchas, etc.
Tamén visitaron o acuario para observar os peixes que nadan na ría, centolas, mexillóns, tiburón e moitas máis animais mariños.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.