30/03/23

Mes da poesía en 2º

 

Na clase de música de 2º, estiveron cantando un poema de Antonio García Teijeiro, con música de Susa Herrera. É un poema ben lindo. Esperamos que vos guste!


OS SOLPORES

 

Os solpores teñen ollos

negros, grises e vermellos,

que aloumiñan as mociñas,

os rapaces e os máis vellos.

Lalai lalailai, lalai lalala…

 

Os solpores teñen ollos,

misteriosos, mentireiros,

que deitan o seu rubor

encol dos soños baleiros.

Lalai lalailai, lalai lalala…

 

Os solpores teñen ollos,

solermiños, rebuldeiros,

que danzan coa paisaxe

nos veráns e nos invernos.

Lalai lalailai, lalai lalala…

 

Os solpores teñen ollos

inspirando mil historias

que acontecen nas aldeas,

nas montañas e nas costas.

Lalai lalailai, lalai lalala…




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue