Esta mañá tivemos a inmensa sorte de recibir a visita dunha das actrices galegas máis destacadas e queridas: ISABEL RISCO.
Contounos unha chea de cousas sobre a súa infancia, a súa formación como actriz e o seu traballo.
Tamén nos falou da importancia das mulleres galegas na historia do día a día e da sua invisibilidade, por iso en moitos dos seus traballos lémbrase delas.
Non podía faltar na súa charla un ánimo á rapazada para falar en galego, a nosa lingua, unha lingua que nos fai únicos no mundo.
Dámoslle as grazas pola súa cercanía, amabilidade e o cariño que nos amosou.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.