16/06/08

Unha visita moi especial

O mércores compartimos unha xornada moi especial cos nenos e nenas do colexio de Ramirás. Aquí tedes un resumen en fotografías do día.


10/06/08

Unha visita moi especial

Mañá imos recibir unha visita moi especial. Van vir ao noso colexio os nenos e nenas de 2º e 3º ciclo do colexio Rogelio García Yáñez de Ramirás. (Ourense)

Pola maña van dar un paseo por Moaña.Despois visitarán o noso colexio e compartirán as aulas cos nosos nenos e nenas.
Ao mediodía imos baixar todos xuntos ao parque de Meira, para xantar á beira do mar.
Despois de xantar compartiremos unha tarde de xogos.
Para a outra semana, iremos nós a visitalos.
Este intercambio está organizado polos equipos de Dinamización lingüística de ambos centro

05/06/08

PONTE .... NAS ONDAS!


O Patrimonio Oral Galego -Portugués ten outra ocasión para que sexa recoñecido pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade,xa que o seu Director Xeral recoñeceu a candidatura na súa segunda oportunidade.Ponte ...nas ondas! é unha iniciativa pedagóxica que defende esta candidatura con diferentes proxectos educativos seguidos desde multitude de escolas de un e o outro lado do Miño.Máis información en www.opatrimonio.org
O venres 6 de xuño terá lugar a emisión dun programa de radio que non nos podemos perder,no que participarán unha chea de colectivos,os programas da XIV xornada de radio interescolar Ponte... nas Ondas!. Como explican na súa páxina web www.pontenasondas.org:
a principal novidade desta edición é a incorporación audiovisual á xornada de radio e a emisión televisiva en tempo real a cargo de Uvigo-Tv. Ademais das escolas de Galicia e Norte de Portugal, centros escolares de Brasil, Arxentina, Chile, Colombia e Cuba levarán a cabo vintecatro horas de radio co lema Identidade e territorio, co gallo de dar un novo impulso á candidatura do Patrimonio Inmaterial galego-portugués.
Na escola conectaremosnos e ao longo da mañá os distintos cursos poderán pasar pola sa de audiovisuais para escoitar e ver as diferentes propostas.
Tamén desde Samil,ao outro lado da ría terá lugar o VII Mostra da oralidade galego portuguesa .

03/06/08

UNHA LENDA DE RAMIRÁS



Os nenos e nenas de Ramirás, en Ourense envíannos esta lenda,tamén dunha moura como a que temos en Moaña

A LENDA DA COVA DA MOURA (Ramirás)



Nun tempo pasado un grupo de mouros vivían nunha cova que está nunha serra moi preto de San Paio dos Pitos (Ramirás).


Os mouros vivían alí para agochar os tesouros que lles roubaban aos cristiáns. Uns dos tesouros máis fermosos que conta a lenda eran unha campá e unha trave douro, entre outros moitos.


Un día, os cristiáns xa fartos deles, decidiron botalos pero, tras varias tentativas, foi imposible. Eles eran invencibles na serra e aínda por riba agochábanse na cova e parecía que desaparecían se a cousa se puña fea.

Un dos cristiáns chamado Santiago, ideou un plan que sería magnífico para botalos dunha vez por todas. O plan consistía en que tódolos labregos botaran ós seus porcos que tiñan nas súas casas cara a serra, debido a que os mouros non poden ver a este animal, porque parece ser que non miran cara o sol e os mouros identifican ó seu Deus co sol.


O plan funcionou e os musulmans tiveron que fuxir a toda presa deixando tódolos tesouros, incluso os máis preciados para eles: a trave douro e a campá, pero antes de fuxir soterraron estas dúas cousas na serra na que vivían.


Aínda hoxe ninguén descubriu onde está soterrado o tesouro, moitas persoas intentárono e non deron con el.


Os mouros cando fuxían desesperadamente dicían laiando e chorando:


“Adeus terra Silvá,

Eiquí che queda a trave de

Ouro e unha alegre

Campá”


Os cristiáns ó ver que fuxían apoderáronse dos tesouros que alí tiñan, menos a trave douro e a campá. Fundiron o ouro que había para facer unha imaxe de Santiago Apóstol.


FIN


Nenos e nenas de 6º de Primaria.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue