Iván Costa chegou coa súa zanfona e a súa gaita puntual coma un cravo.Os de 5º de Primaria tíñanlle unha entrevista preparada e acrisoláronno a preguntas ,pero a nós serviunos para tirar unha chea de informacións abraiantes.
Empezou de neno a tocar a gaita,e máis tarde adquiriu formación musical,tanto clásica coma no Conservatorio de Música tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo.Toca máis de 20 instrumentos,todos os da percusión galega. O derradeiro co que se puxo foi coa zanfona,á que lle dedica máis tempo (según el aínda está aprendendo,a nós parécenos que toca de marabilla).
A súa música aparece nuns 15 discos,pero o seu cativo mellor criado é Ávrego,o seu disco en solitario.Disque a actuación que máis recorda é a de Lorient (Francia),cando lle deron o premio Mcallan e tivo que actuar "soíño" diante dun ateigado campo de fútbol.
Díxonos que nos colexios debería haber máis música tradicional galega e lembrounos que en Moaña contábamos co mestre gaiteiro Xavier Blanco, e a Escola de Música .
Podedes consultar a entrevista completa nos vindeiros días en AQUÍ VIVIMOS
21/05/09
19/05/09
Iván Costa:un ex-alumno moi especial


Un dos apartados do noso proxecto é "AQUÌ VIVIMOS" onde recompilamos informacións e experiencias sobre o noso concello.Trátase de coñecer o que temos preto para valoralo e poder ensinalo ao mundo.
Iván Costa,ex-alumno do noso colexio ,aproveitou cunha sensibilidade notoria as ensinanzas de Xavier Blanco e do gaiteiro Moxenas.
A súa dedicación incansable e o seu talento fixérono participar nunha morea de proxectos: o conservatorio de Música tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo e a orquestra Son de Seu,traballos editoriais para a didáctica da gaita,recollida de pezas tradicionais por todo o país,espectáculos de música e danza....
Os seus méritos foron recoñecidos con varios premios:Lorient,Constantino Bellón...e o seu prestixio faino formar parte de múltiples xurados de certames musicais.
Ten publicados varios discos ,destacamos ÁVREGO ,o seu primeiro traballo en solitario con temas tanto de produción propia coma recollidas doutros gaiteiros .
O mércores virá cos seus instrumentos e ademais gozar da súa música intentaremos que volva a sentirsea gusto no seu colexio.
18/05/09
Mes das Letras
Este ano pedímoslle as familias que aportasen lemas ou frases sobre o galego,para animar aos seus fillos .Esta foi a nota que enviamos:
QUERIDAS FAMILIAS:
Chegou o mes de maio,o mes das Letras Galegas.Coma sempre,seguimos animando aos vosos fillos e fillas a valorar e empregar a nosa fala.E esta tarefa non podemos desenvolvela sen vós,sodes o noso apoio fundamental.
Queremos organizar unha exposición.....
O claustro agradece a estupenda colaboración das familias sabendo que xuntos melloraremos a educación dos nenos e nenas de Quintela.
Etiquetas:
Celebracións: Letras Galegas
Festival de teatro
Chegou o día do teatro e a danza.O martes 19 de maio celebraremos o Festival de Teatro.Este ano haberá tamén frautistas,danzantes e cantores.
Teremos unha función para as familias pola tarde,no auditorio do Centro Daniel Castelao .Imos empezar á 16h. e teremos a Xavier Blanco como artista invitado que ademais de tocar unha peza coa gaita,acompañará a muiñeira dos nenos e nenas de 3º.Aí vai o programa:
"Rataferoz" 5º.Teatro
"Media volta" 1º. Danza
"A galiña azul" 3º .Teatro
"Pin Pon" 2º. Canción.
"O polo Pepe". 3 e 4 anos. Canción.
"Ronsel da lingua" 4º. Música.
"Son de muiñeira" 3º. Danza con acompañamento de Xabier Blanco
"Peza de gaita". Xabier Blanco
"Os tres porquiños" 5 anos. Canción.
"Falemos galego" 5º. Pandeiretas
"Na beira do mar" 6º. Frauta.
"A verdadeira historia de Carapuchiña" 6º. Teatro
Centro cultural Daniel Castelao
Martes 19 as 4 da tarde
Teremos unha función para as familias pola tarde,no auditorio do Centro Daniel Castelao .Imos empezar á 16h. e teremos a Xavier Blanco como artista invitado que ademais de tocar unha peza coa gaita,acompañará a muiñeira dos nenos e nenas de 3º.Aí vai o programa:
"Rataferoz" 5º.Teatro
"Media volta" 1º. Danza
"A galiña azul" 3º .Teatro
"Pin Pon" 2º. Canción.
"O polo Pepe". 3 e 4 anos. Canción.
"Ronsel da lingua" 4º. Música.
"Son de muiñeira" 3º. Danza con acompañamento de Xabier Blanco
"Peza de gaita". Xabier Blanco
"Os tres porquiños" 5 anos. Canción.
"Falemos galego" 5º. Pandeiretas
"Na beira do mar" 6º. Frauta.
"A verdadeira historia de Carapuchiña" 6º. Teatro
Centro cultural Daniel Castelao
Martes 19 as 4 da tarde
Etiquetas:
Celebracións: Letras Galegas,
Curso 2009-2010
14/05/09
Microrrelatos no Paralaia
No mes das Letras,no IES Paralaia (Moaña),o noso centro adscrito, convocaron un concurso de microrelatos.Xa publicaron os nomes dos premiados na súa páxina No bico da lingua así que felicitamos ás gañadoras.Alegrámonos por todas elas sabendo que estes parabéns nos caen preto.Parabéns ás nosas ex-alumnas !
GAÑADORAS DO CONCURSO DOS
MICRORRELATOS LETRAS GALEGAS 2009-05-14
1º Premio: Sofía Portela Diéguez. 2º ESO C
2º Premio: Laura Rocha Bermúdez. 1º ESO C
3º Premio: Eva Trigo Carballo. 1º ESO A
GAÑADORAS DO CONCURSO DOS
MICRORRELATOS LETRAS GALEGAS 2009-05-14
1º Premio: Sofía Portela Diéguez. 2º ESO C
2º Premio: Laura Rocha Bermúdez. 1º ESO C
3º Premio: Eva Trigo Carballo. 1º ESO A
Etiquetas:
Celebracións: Letras Galegas,
Curso 2009/2010,
IES A Paralaia
10/05/09
O RAP DA LINGUA DE MIGALLAS
As compañeiras dos equipos de Normalización e de Biblioteca do Ceip Mestre Martínez Alonso de Vigo achégannos esta fermosa montaxe coa canción do grupo Migallas "O rap da lingua":
O RAP DA LINGUA (MIGALLAS)
QUE FALEMOS EN GALEGO
É UNHA COUSA NATURAL,
COMA A CHUVIA NO INVERNO
E A CALOR NO VERÁN.
EN GALEGO! XA! SI! (BIS)
AINDA HAI PAIS QUE NON LLES FALAN
ÓS SEUS FILLOS EN GALEGO
PORQUE PENSAN QUE É UNHA LINGUA
PARA POBRES E "PALETOS".
AOS TEUS PAIS ANIMARÁS
A FALARCHE EN GALEGO,
QUE NON CHE VAN SAÍR GRANS
NIN TAMPOUCO CAE O PELO.
HAI RAPACES E RAPAZAS
QUE Ó IR Ó INSTITUTO
NON QUEREN FALAR GALEGO
PORQUE DIN QUE É MONTUNO.
MAIS SE ALGUÉN CHE FAI TILÍN
E O QUERES NAMORAR
FAILLE AS BEIRAS EN GALEGO,
DE SEGURO LIGARÁS!
HAI RAPACES E RAPAZAS
QUE QUEREN FALAR GALEGO
PERO AÍNDA NON O FALAN
PORQUE DIN QUE TEÑEN ERROS.
ANQUE O FALES TODO O DÍA
NON CHE PODE SENTAR MAL.
NIN DÁ MOCOS, NIN DÁ FEBRE.
FAI A PROBA E XA VERÁS!
FALEMOS A NOSA LINGUA
QUE É UNHA LINGUA MOI MODERNA,
NAS ESCOLAS E NAS CASAS
NAS CIDADES E ALDEAS.
En galego! Xa! Si!
O RAP DA LINGUA (MIGALLAS)
QUE FALEMOS EN GALEGO
É UNHA COUSA NATURAL,
COMA A CHUVIA NO INVERNO
E A CALOR NO VERÁN.
EN GALEGO! XA! SI! (BIS)
AINDA HAI PAIS QUE NON LLES FALAN
ÓS SEUS FILLOS EN GALEGO
PORQUE PENSAN QUE É UNHA LINGUA
PARA POBRES E "PALETOS".
AOS TEUS PAIS ANIMARÁS
A FALARCHE EN GALEGO,
QUE NON CHE VAN SAÍR GRANS
NIN TAMPOUCO CAE O PELO.
HAI RAPACES E RAPAZAS
QUE Ó IR Ó INSTITUTO
NON QUEREN FALAR GALEGO
PORQUE DIN QUE É MONTUNO.
MAIS SE ALGUÉN CHE FAI TILÍN
E O QUERES NAMORAR
FAILLE AS BEIRAS EN GALEGO,
DE SEGURO LIGARÁS!
HAI RAPACES E RAPAZAS
QUE QUEREN FALAR GALEGO
PERO AÍNDA NON O FALAN
PORQUE DIN QUE TEÑEN ERROS.
ANQUE O FALES TODO O DÍA
NON CHE PODE SENTAR MAL.
NIN DÁ MOCOS, NIN DÁ FEBRE.
FAI A PROBA E XA VERÁS!
FALEMOS A NOSA LINGUA
QUE É UNHA LINGUA MOI MODERNA,
NAS ESCOLAS E NAS CASAS
NAS CIDADES E ALDEAS.
En galego! Xa! Si!
04/05/09
o galego nos cativos
Neste vídeo da entrega dos Premios Mestre Mateo,Belén Regueira expresa moitas das nosas preocupacións.Atopámolo nalinguadetodos .Reparade nel:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Para facer un comentario
- Pulsa co cursor enriba de comentarios
- Elixe de identidade "Nombre"
- Pulsa en "Publicar comentarios"
- Pon o teu nome
- Escribe o teu comentario no recadro
- Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue