O vindeiro venres 21 terá lugar a primeira edición do Correlingua do Morrazo.
Desenvolverase no concello de Bueu e está dirixido ao alumnado de Infantil e Primaria dos centros públicos e privados do Morrazo.
A Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística do Morrazo, considera necesario que a poboación da comarca se sensibilice coa delicada situación pola que pasa a nosa lingua nas idades temperás e tamén desenvolver accións que fagan mudar a tendencia á perda degalego-falantes nestas idades.
Percorreremos as rúas máis céntricas de Bueu e logo asistiremos ao concerto de Mamá Cabra.
Os centros participantes son: Ceip Montemogos, Ceip A Torre, CPI Virxe MIlagrosa, Ceip A Pedra, Ceip Quintela, Eei Berducedo, Ceip Seixo, Ceip A Laxe, Ceip A rúa, Ceip O Hío, Ceip O Carballal, Eei A Galiña Azul.
É cumprida obriga agradecer ao concello de Bueu o apoio e ánimo para organizar a actividade, facéndose cargo da contratación do grupo musical , a organización do concerto, a reordenación do tráfico....ata encargou a pancarta do evento, é esta:
E por suposto ao concello de Moaña e á organización do Correlingua por organizar o transporte. Animámolos para que poidamos celebrar edicións futuras do Correlingua no Morrazo
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.