Hoxe desenvolvemos a primeira xornada do intercambio Quintela - Brea Segade, Moaña - Rianxo. Para algúns era a primeira vez que estaban na ría de Vigo e viaxaban en barco, e para nós era a primeira vez que tiñamos tantos rapaces falando galego no patio da escola.
Logo de dar un paseiño polo pobo, o concelleiro de Medio Ambiente de Moaña, recibeunos na praia da Xunqueira para explicarlles o proceso de rexeneración do complexo dunar .
Cando chegaron ao colexio, despois das presentacións e as visitas a todos os recunchos da escola, viñeron os xogos, pero neles Quintela e Taragoña xogaban no mesmo bando.
Agrupáronse por parellas, de maneira individual, por equipos...e todos e todas o pasaron en grande.
Un 10 para estes nenos e nenas de Taragoña, aos que fixemos cruzar media Galicia para coñecelos e escoitalos falar.
E un 10 tamén para o concello de Moaña, que colaborou con nós de xeito activo para que esta xornada fora un éxito.

Encantounos a visita!
ResponderEliminarGrazas ao Concello de Moaña, ás familias, ao profesorado, aos monitores e monitoras e sobre todo aos nenos e nenas de Quintela pola fantástica acollida que nos destes.
Agardámosvos en Taragoña, xa queda menos!
CEP Brea Segade de Taragoña