11/05/13
A gran aliada da lingua: a música
Luis Prego interpretou as pezas do seu libro disco "Para cantar e bailar" ante alumnado de Infantil , Primaria e Secundaria, na praza do concello de Bueu, durante os actos do Correlingua 2013.
A música, unha vez máis deixou ver o seu potencial normalizador e dinamizador para os máis de 2000 rapaces presentes, que pasaron unha hora de plena diversión cantando e bailando nunha lingua que moitos deles empezan a coñecer na escola.
É importante que a asocien á diversión , pero é tan importante que vexan nela unha potencialidade para usala. Por iso temos que mirar cara adiante , propoñendo actividades que obriguen a acción sobre todo na fala, dando futuro á lingua.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Para facer un comentario
- Pulsa co cursor enriba de comentarios
- Elixe de identidade "Nombre"
- Pulsa en "Publicar comentarios"
- Pon o teu nome
- Escribe o teu comentario no recadro
- Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.