O día 10 de maio celebrouse no concello de Bueu a festa do Correlingua.
Máis de 2000 rapaces dos concellos de Moaña, Cangas, Bueu e Marín participaron nas distintas actividades que se organizaron en colaboración cos equipos de Dinamización da Lingua Galega, o departamento de Cultura e Educación do concello e o Clube Corredoiras .
Houbo pita cega, pintura, pica parede, birlos,xogo da ra, exhibición de xogos populares, merenda e BAILE.
A actividade final era o concerto de Luís Prego, co seu libro -disco "Para cantar e bailar", que fixo mover ata o último dos noso ósos coas súas pezas.
Os EDLG de A Pedra e Espiñeira ultimaron todos os detalles para que a xornada fose un éxito e os nenas e nenos o pasaran en grande:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.