O alumnado de 5º e 6º fixo unha andaina moi interesante en cabo Home.
Hoxe o alumnado de terceiro e cuarto fixemos unha visita á Casa de Rosalía en Padrón.
Aprendemos moitas cousas interesantes sobre a súa vida, a súa familia e o seu legado.
Pasámolo xenial
O alumnado de 2º de EP adaptou o libro "Contos de ratiños" de Arnold Lobel publicado por Kalandraka para o teatro.
Supúxolles un gran esforzo e moita dedicación pero o resultado pagou a pena.
Nestes vídeos podedes disfrutar do MAKING OFF con todo o seu traballo:
E a continucación poderedes ver a posta en escena dos catro contos que elexiron: "Rato alto e rato baixo" adaptado polo alumnado de 2ºEP: "Rato e os ventos" adaptado polo alumnado de 2ºEP: "O rato vello" adaptado polo alumnado de 2ºEP: "O pozo dos desexos" adaptado polo alumnado de 2ºEP:O 21 de marzo, no Día da Poesía, o alumnado de Quintela, intercambiou uns fermosos poemas dramatizados cos seus padriños e madriñas lectores. Unha vez recitados os poemas, intercambiaron cos seus amigos e amigas os poemas e unha flor feita por eles.
Deixámosvos os recitados dos poemas de todos os cursos para que os disfrutedes.
O alumnado de 5ºI, polo Día da Poesía, gravou na radio uns fermosos poemas de Rosalía de Castro e Antonio García Teijeiro, coa axuda do alumnado de 3ºP.
Xa sabedes que este ano 2025 o Día das Letras Galegas está dedicado á poesía popular oral.
A Dirección Xeral de Promoción da Igualdade pon á nosa disposición dúas unidades didácticas relacionadas con este día.
Premede nas imaxes para coñecer ás protagonistas.
Aquí deixamos as coplas cantadas deste Entroido
Mañán celebramos o Día de Rosalía e no seguinte enlace deixamos á vosa disposición un estupendo traballo elaborado por varios colexios de A Coruña sobre a figura da escritora.
Podedes atopalo no Portal da Lingua Galega
Premede no enlace