Amosando publicacións coa etiqueta Consello da Cultura Galega. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Consello da Cultura Galega. Amosar todas as publicacións

25/04/22

Aquí medra a Lingua: CEIP de Quintela Moaña

O Consello da Cultura Galega publica hoxe o capítulo dedicado aos centros de contornos castelán falantes da serie Aquí medra a lingua.
O vídeo foi gravado no noso centro facendo unha sinopse das acticidades de Dinamización Lingüística

 

18/04/22

Aquí medra a lingua

Nesta entrada deixámosvos o documental realizado polo Consello da Cultura Galega no CRA de Ponteceso. 

Como xa sabedes nestes documentais preténdese dar a coñecer e poñer en valor o traballo realizado en prol do uso do galego en seis centros escolares de Galicia.

12/04/22

Aquí medra a lingua

O Consello da Cultura Galega sigue publicando os documentais realizados en seis centros escolares galegos para dar a coñecer e poñer en valor o traballo realizado en prol do uso do galego. 

Esta semana podemos ver o traballo que fan no CEIP Barouta de Ames: "ALIANZAS NECESARIAS" 

05/04/22

Aquí medra a Lingua

O Consello da Cultura Galega programou para este curso unha serie de seis documentais para dar a coñecer e poñer en valor o traballo de promoción da lingua galega nalgúns Centros de Ensino de Galicia.

Nestes documentais participaron máis de cincuenta persoas, entre alumnado, profesorado, familiares e outros membros da comunidade.

Da man destes colectivos coñeceremos as accións a prol do galego que se levan a cabo nestes centros coas súas vantaxes e as súas dificultades.

O noso colexio foi escollido para participar neste traballo e o documental será estreado o día 25 de abril. 

Deixámosvos nesta entrada os vídeos dos tres primeiros documentais. 

Agardamos que vos gusten!! 

03/02/10

Dictame do Consello da Cultura


O Consello da Cultura Galega ven de publicar o seu dictame sobre as "Bases para a elaboración do decreto do plurinlingüísmo", outro informe negativo que se engade ao de múltiples colectivos e ao da propia Real Academia Galega.
Transmite no seu análisis rigorosas críticas ao borrador, sobre todo as referidas ao baixo nivel de protección do galego que foi asumido por todos os governantes galegos ata o momento, sinalando que "estas políticas de promoción responden a un mandato legal expresado de diversas maneiras en normas de distinto rango".
Desaconsella a elección por parte das familias da lingua a empregar en determinadas materias porque considera que "é invasiva das competencias e responsabilidades atinxentes á organización da docencia que corresponden á Administración pública e aos propios centros do ensino, e unha potencial fonte de tensións e conflitos".
E considera que"a previsión xenérica de que o alumnado utilice nas aulas e nos exames o idioma da súa preferencia, con independencia da lingua asignada a cada materia, carece de lóxica educativa".

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue