Amosando publicacións coa etiqueta Entrevistamos a.... Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Entrevistamos a.... Amosar todas as publicacións

16/02/24

3º entrevista a Paula Suárez

 

 ENTREVISTA 3º ED. PRIMARIA A PAULA SUÁREZ




     Os nenos/as de 3º de Ed. Primaria aproveitaron a visita da autora de "O mundo de cores de Roque e Lía" para facerlle unha entrevista. E esto foi o que lles contou...

01/12/18

A Moañesa de Música e Danza

O mércores 28 de novembro o alumnado de 5º de Primaria  recibiron na biblioteca do cole a Juan Pena , o presidente da Agrupación cultural Moañesa de Música e Danza.
Querían coñecer todo sobre a actividade desta asociación cultural de Moaña.
Tiñan preparado un cuestionario de preguntas para desenvolver a entrevista e o tempo pasou voando mentres lles contaba todo o que facían para difundir e conservar a cultura galega.
Trouxo a súa gaita e ao final tocou unha peza que lles encantou.
Moitísimas grazas Juan, aprendemos moito!!!



31/10/17

Entrevistamos a Delio Fernández

Hoxe os nenos e nenas de quinto curso entrevistamos ao ciclista Delio Fernández. Levábamos varios días preparando a entrevista, e tiñamos moita ilusión. Encantounos velo chegar na bicicleta, recibímolo cun gran aplauso. Os nosos compañeiros de sexto curso quixeron estar presentes, tiñan moitas gañas de coñecelo!
Esperamos volver a velo pronto polo cole!

28/03/17

Entrevista á Asociación de mulleres de Moaña

O luns o alumnado de 5º e 6º recibimos na biblioteca do centro unha representación da Asociación de Mulleres de Moaña.
Previo á visita elaboramos unha enquisa coa finalidade de coñecer o funcionamento dunha Asociación tan importante para Moaña.
A presidenta Concha Ramos, xunto con Concha Trigo, Teresa Rivas e Mucha López explicáronnos como funciona a Asociación e todas as actividades que se realizan nela.
 Decatámonos da gran variedade de oferta que hai e da importancia que ten a Asociación para todas aquelas mulleres  que queiran colaborar con elas e desfrutar das actividades que ofrece a asociación.
Moitas grazas pola vosa visita!.

23/04/16

Entrevista á alcaldesa de Moaña

Onte o alumnado de 5º e 6º de Primaria recibiu unha visita moi especial: a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, tivo a amabilidade de acceder á nosa petición de facerlle unha entrevista. En 5º prepararon as preguntas  e ela contestounas de forma moi sinxela para que todos poideramos entendela. 
Agora, tócalle a 6º elaborar o texto que sirva para subir á Galipedia a nosa entrada sobre a alcaldesa. Porque este era o motivo da entrevista: coñecela e dar a coñecer aos demais o noso traballo. Como en cursos anteriores, 5º e 6º son os encargados de subir á Galipedia unha presentación sobre unha persoa ou grupo de Moaña que o mereza e que aínda non teña aparecido nesa páxina. 
Este curso consideramos que o feito de ser a 1ª muller alcaldesa na historia de concello era motivo dabondo para facelo. 
Ao final do encontro a alcaldesa felicitounos pola facilidade coa que falamos en galego. Aconsellounos que non perderamos o hábito de falar en galego porque é a maneira de seguir coñecendo a nosa cultura. Tamén nos dixo que o feito de poder falar as dúas linguas ( galego e castelán ) nos axuda a aprender con máis facilidade outras linguas.
          As  titoras queremos felicitar ao alumnado polo ben que o fixeron. 
          Mostramos algunhas fotos.










22/05/13

María Salgueiro

Este curso, tiñamos programado o encontro con actores e acriices galegos, por ser este un ano dedicado ao teatro grazas a Vidal Bolaño. Para nós foi moi emotivo recibir a unha actriz moañesa, á que lle quixemos elaborar unha entrada na Wikipedia,polos seus moitísimos méritos na profesión. Entre o traballo previo estaba a entrevista á que ela accedeu rapidamente pese a ter compromisos profesionais. Nesta entrevista , María Salgueiro deixounos unhas interesantes reflexións, que non deberiamos esquecer :

21/05/09

Canta sabedoría!

Iván Costa chegou coa súa zanfona e a súa gaita puntual coma un cravo.Os de 5º de Primaria tíñanlle unha entrevista preparada e acrisoláronno a preguntas ,pero a nós serviunos para tirar unha chea de informacións abraiantes.
Empezou de neno a tocar a gaita,e máis tarde adquiriu formación musical,tanto clásica coma no Conservatorio de Música tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo.Toca máis de 20 instrumentos,todos os da percusión galega. O derradeiro co que se puxo foi coa zanfona,á que lle dedica máis tempo (según el aínda está aprendendo,a nós parécenos que toca de marabilla).
A súa música aparece nuns 15 discos,pero o seu cativo mellor criado é Ávrego,o seu disco en solitario.Disque a actuación que máis recorda é a de Lorient (Francia),cando lle deron o premio Mcallan e tivo que actuar "soíño" diante dun ateigado campo de fútbol.
Díxonos que nos colexios debería haber máis música tradicional galega e lembrounos que en Moaña contábamos co mestre gaiteiro Xavier Blanco, e a Escola de Música .
Podedes consultar a entrevista completa nos vindeiros días en AQUÍ VIVIMOS

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue