Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: O mar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: O mar. Amosar todas as publicacións

10/06/23

Proxecto "O Mar" en 5º de primaria

 O alumnado de 5º estivo traballando moitísimo sobre a proposta que lle fixo a mascota da biblioteca Paco sobre o proxecto "O mar".

Investigaron sobre as illas que conforman o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Gravaron na radio distinta información sobre Ons, Sálvora, Cíes e Cortegada e, enlazaron esa información coas Makey Makey programando con Scratch nas maquetas que elaboraron.

Un inmenso traballo que deu un fermoso resultado.

Parabéns!







28/03/23

1º e 2º no Museo do Mar

 

 O mércores, o alumnado de 1º e 2º visitou o Museo do Mar. Puideron coñecer moitos animais mariños. Viron o acuario, e mesmo o esquelete dun cachalote! E aínda quedou un tempiño para xogar na praia.

16/03/23

Visita ao museo Massó

 Onte as clases de 5° e 6° realizamos unha saída a Bueu para visitar o museo Massó.

Aprendemos a historia da creación e evolución da conserveira e puidenos visitar o museo cheo de obxectos e maquetas moi interesantes.

Tamén realizamos un obradoiro relacionado coa batalla de Rande.

Tivemos moita sorte co tempo que nos deixou disfrutar dunha merenda e dun rato de  xogo ao sol.






11/03/23

Salvamento marítimo en 4º

Para coñecer un pouco máis o noso entorno marítimo, estivo na aula de 4º curso Marcos Ogando, comandante do helicóptero Pesca 1, con base en Vigo.

 O Pesca 1 forma parte da dotación de Salvamento marítimo da Xunta de Galicia. 

 No encontro coa clase de cuarto contounos arriscadas e difíciles experiencias, explicando como é o seu equipo, que protocolos cumpren, como se organizan e outras interesantes cuestións.

 Nas fotos vemos como intentou transmitir o difícil que resulta manter o equilibrio cando as condicións do medio son adversas e o importante que son os entrenamentos.

O seu arriscado traballo está ao servizo daquelas persoas que sufren accidentes nas costas galegas, traballadores/as do mar e outros servizos urxentes cerca do mar. 
Moitas grazas Marcos!!



02/03/23

Infantil no Museo do Mar de Vigo

 O alumnado de Educación Infantil, visitou o Museo do Mar de Vigo. 

Participaron nun obradoiro de "Tesouros da Ría", onde puideron descubrir a rica diversidade mariña que temos na nosa ría de Vigo.

Explicáronlles a gran diversidade de especies coas que convivimos, e puideron tocar tanto unha esponxa, como corais, mandíbula de pel de tiburón, ovos de raia, cunchas, etc.

Tamén visitaron o acuario para observar os peixes que nadan na ría, centolas, mexillóns, tiburón e moitas máis animais mariños.


17/02/23

Charla sobre as bateas

 Este curso o proxecto do cole é "O Mar", polo que invitamos a dúas familias da nosa comunidade que traballan no sector para que compartiran con nós os seus coñecementos e as súas vivenzas.

Grazas a Mario e Adrián por compartir o seu tempo e as súas experiencias. As familias sodes unha gran fonte de aprendizaxe para nós.


 

27/11/22

5° e 6° visitan a exposición sobre o mar

 O venres, os nenos e nenas de 5º e 6º aprenderon moitísimas cousas sobre a vida no mar grazas ás persoas que os guiaron na exposición. 







11/10/22

3º e 4º visitan a exposición sobre o mar

 No pasado mes de setembro as nenas e nenos de 3º e 4º visitaron en Moaña unha exposición moi interesante  sobre a historia da navegación.

A asociación Devanceiros do Mar foi a encargada de organizala. Os nosos guías foron Paco e Cristóbal e amosáronnos unha chea de cousas que nos encantaron.

Aquí tedes un pequeno resumo desta visita: 

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue