Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2020-2021. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2020-2021. Amosar todas as publicacións

13/06/21

5º coñece o deporte do remo coa visita ao Clube de Remo de Tirán

O venres, os nenos e nenas de 5º tivemos unha xornada de remo da man de kevin, adestrador e remeiro no Clube de Remo Tirán. Contounos moitas cousas sobre este deporte e tamén ensinounos as instalacións coas que conta o clube. Ao final da xornada, tivemos a sorte de saír ao mar subidos nos bateis.

Como nos gustou!!!

Grazas Kevin por ensinarnos tantas cousas e grazas ao clube pola súa invitación.



09/06/21

Saída ao Monte Facho con 5º e 6º

Os nenos e nenas de 5º e 6º fixeron unha saída ao monte do Facho (Cabo Home). Aprenderon sobre a historia das excavacións e tamén admiraron as fermosas vistas que lles permitiu o lugar.

Logo, merendaron e xogaron un pouco na praia de Liméns e de Santa Marta.

Estivo xenial!







04/06/21

A Asociación Sueste e as Embarcacións Tradicionais

 

Cada  dous anos, cando chega o verán, Moaña celebra o Encontro de Embarcacións Tradicionais.


 Hoxe estiveron no cole Cándido Miranda e Pablo Martínez, representando a asociación de Sueste para  traernos información sobre as embarcacións tradicionais.

 Cándido falounos sobre a evolución dos barcos na historia. Primeiro empregábanse  simples troncos, pois flotaban e servían para chegar dun lado ao outro coa axuda dun pau. Despois xa eran estruturas de madeira, con vela ou con remos. 

As primeiras embarcacións foron canoas excavando os troncos, pero despois empezáronse a construir embarcacións máis sofisticadas, con varios velames e maior envergadura.  Despois  empregouse ferro, ata os barcos de fibra de vidro de agora. 

Tamén nos contou que as primeiras viaxes empezaron nas illas da Polinesia e que os vikingos foron grandes navegantes.

Pablo  falounos sobre ás embarcacións tradicionais de Galicia, contounos que había moitos tipos e que estaban traballando para recuperalas, rescatándoas e restaurándoas. 

Nomeu os pataches, os galeóns, as traiñeiras,  o racú, as dornas, a buceta, a lancha de relinga , a chalana e os botes. De cada un deles sabía cousas curiosas. Agora xa sabemos que as primeiras competicións entre traiñas buscaban chegar antes para vender o peixe.

 Falounos do Eliseo, un galeón que se salvou da queima do asteleiro Casqueiro.

A sexto  encantoulles esta experiencia.


22/05/21

Festival da Letras Galegas

 Aquí tedes as actuacións do alumnado de infantil e primaria

4º  INFANTIL: CANCIÓN "A PRIMAVERA"


5º INFANTIL: CONCERTO PERCUSIÓN




6º INFANTIL: CANCIÓN "O ROCK DA DUCHA"


1º PRIMARIA: CANCIÓN "CANTO SEI"


2º PRIMARIA: CONTO "A QUE SABE A LÚA"



3º PRIMARIA: CANCIÓN "PARAMPAMPERO"


4º PRIMARIA: TEATRO "RESTAURANTE FARRUCO"


5º PRIMARIA: CANCIÓN "VAI TU, VAI TU, VAI ELA"


6º PRIMARIA: CONTO "TODO É UN CONTO"

21/05/21

O Entroido Tradicional de Meira nas voces do alumnado de 5º

O alumnado de 5º de primaria estivo investigando sobre o Entroido Tradicional de Meira, a partir dunha charla que lles deu Manuel Cobas, membro da Asociación Meiramar Axóuxeres no cole. 

Fixeron un tríptico coa información obtida e tamén gravamos as voces contando todo o que aprenderon. Aquí vos deixamos o video e o tríptico elaborado coa información aportada por Manuel:




09/05/21

Letras Galegas 2021

No seguinte enlace a Real Academia Galega ofrécenos variados recursos sobre Xela Arias: unha serie documental, micropezas audiovisuais e tamén relatos lúdicos e didácticos para o alumnado de infantil e primaria.

Agardamos que vos gusten!

https://academia.gal/letras-galegas/2021/xela-arias

08/05/21

Xela Arias: O Portal da Lingua Galega

No seguinte enlace O Portal da Lingua Galega ofrécenos as exposicións e as guías didácticas das dúas mostras gañadoras do Concurso-exposición das Letras Galegas deste curso.

Tamén atoparedes actividades sobre Xela Arias que se están a realizar nos  centros educativos.

https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas

06/05/21

Charla apícola en 5º de primaria

O xoves, 30 de abril, tivemos a visita de Fran Ogando. 

É membro da Asociación de Apicultores do Morrazo e contounos unha chea de cousas moi interesantes sobre as abellas. 

Tamén nos falou da vespa velutina e amosounos como facer unha trampa caseira para atrapalas. 

Resultou unha charla moi interesante e agradecémoslle moito a Fran que nos dedicara o seu tempo para amosarnos tantas cousas sobre a apicultura.

 





03/05/21

Seminario Galán: Xela Arias

O Seminario Galán ofrécenos un ano máis unha ampla recompilación de recursos e actividades sobre Xela Arias, homenaxeada este ano nas Letras Galegas.

Premede na imaxe



Primavera das Letras: Xela Arias

Se premedes na imaxe atoparedes unha chea de recursos que pon á nosa disposición a Real Academia Galega sobre a vida e obra de Xela Arias: descargables, fichas interactivas.... 

Animádevos a coñecela un pouquiño máis!



21/04/21

As familias contan en 1º

 

Onte recibimos a visita de Lorena, a nai de Mara.

Estivo contándonos o conto titulado "Así es mi corazón".

Un conto cheo de corazóns e sentimentos.

E ti, de que cor tes hoxe o teu corazón?

Moitas grazas, Lorena pola túa visita e o teu conto!


                

20/04/21

"Moaña libre de plásticos"

O 15 de abril recibimos unha charla sobre o impacto dos plásticos na nosa ría. 

Esta campaña organizada polo Concello de Moaña pretende informar e concienciar á rapazada sobre o impacto dos plásticos e microplásticos nos ecosistemas mariños. 

Os datos son moi preocupantes e quedounos moi claro que todos e todas temos que colaborar para reducir o consumo de cousas feitas con plásticos.



 

Actividade audiovisual en 5º de primaria

A pasada semana o alumnado de 5º contamos coa visita de Karla Carracelas que nos achegou ao mundo da fotografía. 

Esta actividade audiovisual, organizada dentro do programa Aprende Moaña, titulábase "Pintar con Luz" e coñecemos algúns aspectos como as regras básicas da fotografía, construimos o noso propio proxector de imaxes e achegámonos á técnica do revelado. 

A actividade resultou interesantísima!!






 

19/04/21

Recursos Letras Galegas 2021

Se queredes coñecer a Xela Arias, escritora homenaxeada este ano nas Letras Galegas, premede nestes enlaces e descubriredes unha chea de recursos:

Primavera das Letras

Real Academia Galega

O Portal da Lingua Galega

Seminario Galán

AELG

Muller e Ciencia: Xela Arias

26/03/21

Saída da clase de 1º á praia do Con

 

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da saída que fixo a clase de 1º á praia do Con.

Foi unha xornada fantástica na que gozaron do xogo ao aire libre.

Á volta visitaron a clínica veterinaria onde curaron ao gatiño que atopamos no colexio.

Pasárono fenomenal!


24/03/21

Mulleres pioneiras: A alcaldesa de Moaña Leticia Santos

Polo 8 de marzo todo o cole traballou arredor de mulleres pioneiras. O curso de sexto investigou e preparou o seu traballo sobre a primeira  alcaldesa de Moaña. Deixámosvos a entrevista do alumnado á alcaldesa, no programa "Moaña nas Ondas" de RadioQuintela:

 

20/03/21

Saída a San Martiño e á Cruz do Paralaia

Os nenos e nenas de 5º e 6º fixeron unha andaina desde o cole ata San Martiño, donde tiveron a primeira parada, para continuar ata a Cruz da Paralaia, con descanso no Mirador do Leñador e no merendeiro que queda a medio camiño entre o monte aberto e a cruz.
Foi dura, pero pagou a pena!







 

19/03/21

Visítanos Edita de Lorenzo

A comezos de marzo as nenas e nenos de 5º e 6º tivemos a sorte de contar coa visita de Edita de Lorenzo. É enxeñeira de Telecomunicacións, profesora da Universidade de Vigo e foi a primeira muller en Galicia ao fronte dunha escola de enxeñaría.

Contounos unha chea de cousas sobre o seu interesante e importante traballo na Universidade de Vigo. Destaca o seu traballo de investigación sobre aplicacións Tic para detectar o cancro de mama.

Tamén nos dixo que mulleres e homes están igualmente capacitadas e capacitados e poden ser profesionais de éxito no mundo da enxeñaría.

Agradecémoslle a Edita que compartira con nós a súa sabedoría e o seu valioso tempo.





Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue