Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2007-2008. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2007-2008. Amosar todas as publicacións

29/12/08

PROXECTO: E POR QUE?

A Consellería de Sanidade , a de Cultura,en colaboración coa Consellería de Educación desenvolveron no ano 2006 o programa E POR QUE? sobre a prevención de riscos no fogar.Trátase dunha colección de vídeos e materiais nos que se van tocando cadanseu perigo do fogar,para sensibilizar tanto as familias coma os nenos e nenas e educadores.
Os vídeos están feitos con animacións sobre bonecos en plastilina,o que se chama stop-motion.É un traballo que desenvolveu a productora galega Continental, baixo a dirección de Virginia Curiá e Tomás Conde,con música de Nani García.Parádevos con eles porque ademais da mensaxe,da gusto velos(neste caso fainos pensar sobre os riscos dos electrodomésticos):


Agora vai outro sobre as tesoiras e os obxectos que cortan:


Se queredes ver a serie completa non tedes máis que ir á sección de Youtube de contidos educativos da Consellería de Educación,ou ben consultar en centros.xunta.es/contidos
Esperamos con ansia a nova serie do gato tolo,que tratará sobre os hábitos de alimentación saudables .

12/12/08

INFORME CONSELLO DE EUROPA SOBRE O GALEGO




O Comité de expertos do Consello de Europa ven de emitir un informe acerca do grao de cumprimento no estado español do establecido na Carta Europea das linguas rexionais e minoritarias.Aquela Carta que ratificou España,comprometía ao goberno a desenvolver canles que garantiran o dereito de todos os galegos e galegas a empregar e coñecer o galego no ensino,na administración(en especial a sanidade e a xustiza)e nos medios de comunicación. O estudo é anterior ao 2004,e deixa claro que en ningún destes ámbitos estase a cumprir o firmado.
Tamén recoñece que iniciativas como as galescolas ou o decreto do fomento do galego do 2007 van polo bo camiño.En todo caso apoia as reflexións e medidas do noso equipo de Normalización e Dinamización.

16/06/08

Unha visita moi especial

O mércores compartimos unha xornada moi especial cos nenos e nenas do colexio de Ramirás. Aquí tedes un resumen en fotografías do día.


10/06/08

Unha visita moi especial

Mañá imos recibir unha visita moi especial. Van vir ao noso colexio os nenos e nenas de 2º e 3º ciclo do colexio Rogelio García Yáñez de Ramirás. (Ourense)

Pola maña van dar un paseo por Moaña.Despois visitarán o noso colexio e compartirán as aulas cos nosos nenos e nenas.
Ao mediodía imos baixar todos xuntos ao parque de Meira, para xantar á beira do mar.
Despois de xantar compartiremos unha tarde de xogos.
Para a outra semana, iremos nós a visitalos.
Este intercambio está organizado polos equipos de Dinamización lingüística de ambos centro

05/06/08

PONTE .... NAS ONDAS!


O Patrimonio Oral Galego -Portugués ten outra ocasión para que sexa recoñecido pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade,xa que o seu Director Xeral recoñeceu a candidatura na súa segunda oportunidade.Ponte ...nas ondas! é unha iniciativa pedagóxica que defende esta candidatura con diferentes proxectos educativos seguidos desde multitude de escolas de un e o outro lado do Miño.Máis información en www.opatrimonio.org
O venres 6 de xuño terá lugar a emisión dun programa de radio que non nos podemos perder,no que participarán unha chea de colectivos,os programas da XIV xornada de radio interescolar Ponte... nas Ondas!. Como explican na súa páxina web www.pontenasondas.org:
a principal novidade desta edición é a incorporación audiovisual á xornada de radio e a emisión televisiva en tempo real a cargo de Uvigo-Tv. Ademais das escolas de Galicia e Norte de Portugal, centros escolares de Brasil, Arxentina, Chile, Colombia e Cuba levarán a cabo vintecatro horas de radio co lema Identidade e territorio, co gallo de dar un novo impulso á candidatura do Patrimonio Inmaterial galego-portugués.
Na escola conectaremosnos e ao longo da mañá os distintos cursos poderán pasar pola sa de audiovisuais para escoitar e ver as diferentes propostas.
Tamén desde Samil,ao outro lado da ría terá lugar o VII Mostra da oralidade galego portuguesa .

03/06/08

UNHA LENDA DE RAMIRÁS



Os nenos e nenas de Ramirás, en Ourense envíannos esta lenda,tamén dunha moura como a que temos en Moaña

A LENDA DA COVA DA MOURA (Ramirás)



Nun tempo pasado un grupo de mouros vivían nunha cova que está nunha serra moi preto de San Paio dos Pitos (Ramirás).


Os mouros vivían alí para agochar os tesouros que lles roubaban aos cristiáns. Uns dos tesouros máis fermosos que conta a lenda eran unha campá e unha trave douro, entre outros moitos.


Un día, os cristiáns xa fartos deles, decidiron botalos pero, tras varias tentativas, foi imposible. Eles eran invencibles na serra e aínda por riba agochábanse na cova e parecía que desaparecían se a cousa se puña fea.

Un dos cristiáns chamado Santiago, ideou un plan que sería magnífico para botalos dunha vez por todas. O plan consistía en que tódolos labregos botaran ós seus porcos que tiñan nas súas casas cara a serra, debido a que os mouros non poden ver a este animal, porque parece ser que non miran cara o sol e os mouros identifican ó seu Deus co sol.


O plan funcionou e os musulmans tiveron que fuxir a toda presa deixando tódolos tesouros, incluso os máis preciados para eles: a trave douro e a campá, pero antes de fuxir soterraron estas dúas cousas na serra na que vivían.


Aínda hoxe ninguén descubriu onde está soterrado o tesouro, moitas persoas intentárono e non deron con el.


Os mouros cando fuxían desesperadamente dicían laiando e chorando:


“Adeus terra Silvá,

Eiquí che queda a trave de

Ouro e unha alegre

Campá”


Os cristiáns ó ver que fuxían apoderáronse dos tesouros que alí tiñan, menos a trave douro e a campá. Fundiron o ouro que había para facer unha imaxe de Santiago Apóstol.


FIN


Nenos e nenas de 6º de Primaria.

29/05/08

PALABRAS BONITAS


Pedimos en todas as aulas que escolleran palabras bonitas, que lles soen ben, que evoquen cousas agradables:
Estas son as que escolleron:
Corazón
Xoaniña
Coello
Aguia
Bruar
Xarope
Morriña
Ledicia
Bolboreta
Agarimo
Millo
Fervenza
Brétema
Lúa
(A algunha profe costoulle convencer aos alumnos de que "Playstation" non valía)
Agora colgan as palabras bonitas na entrada do colexio.

22/05/08

COLECCIÓN "O MOUCHO"




NA entrada da escola temos unha exposición na que podemos ver algúns exemplares da colección "O MOUCHO",editada por X.M. Álvarez Blázquez na editorial CASTRELOS.Hai libros de Castelao,do propio autor,e como non o "Catecismo do labrego" ,un auténtico exitazo do momento.Foi o primeiro libro con un importante éxito de vendas, nunhas datas nas que apenas había publicacións en galego.
Para que nos fagamos á idea,pensemos que custaba 30 pesetas,uns 20 céntimos da actualidade e que os nenos e nenas de aquel entón,non podíamos gozar da lectura
de contos en galego pola sinxela razón de que non se publicaban.

19/05/08

FESTIVAL DE TEATRO

Polas Letras Galegas.....¡teatro!
O martes día 20 teremos o festival,con recitados,cancións,teatro....Este é o programa:
5º CURSO: “A VIAXE DE FARRAPOS”
(teatro)

1º CURSO :“GAVOTA,GAVOTA”
(canción)

2º CURSO : “O COELLIÑO BRANCO”
(dramatización)

INFANTIL3 e 4 ANOS :“CASIMIRO O ELEFANTE”
(canción)

INFANTIL 5 ANOS: “ DON RATO BUSCA UN OBREIRO”
(dramatización)

3º CURSO: “CANCIÓN DE LUAR NA LUBRE”.
POEMA “NENA,NENIÑA”
(Canción e recitado)

4º CURSO: “O SAPO E A RA”, “O VAMPIRO CALIXTO”, “OS CATRO SURFISTAS”
(representación teatral-poética)

6º CURSO: “MÁIS LIMPA,MAIS MAÑA”
(Teatro)

18/05/08

PALABRAS LIBERADAS DE ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

A Biblioteca Municipal de Porriño desenvolveu un interesante traballo sobre X.M. ÁLVAREZ BLÁZQUEZ.No seu proxecto pon nas voces de persoeiros relacionados co escritor,os seus poemas.Así podemos ver aos seus fillos Celso,Xosé María e Alfonso recitando e tamén vídeos dos seus poemas musicados como este de Uxía cantando un dos nosos poemas preferidos de "ROSEIRA DO TEU MENCER":

16/05/08

LUCES,CÁMARA....¡ACCIÓN!









EN vésperas do DÍA DAS LETRAS GALEGAS todos os cursos,desde Infantil ata 6º de Primaria gozaron de unha xornada de cine e tiveron ocasión de asistir á proxección dos audiovisuais elaborados por os seus compañeiros:

10.30: 1º,2º,3º..........NOCTURNA.Sala de audiovisuais
12.15:INFANTIL......DONKEY XOTE.Infantil
12.30:4º,5º,6º...........OS CINCO NA ILLA DE KIRRIN
AUDIOVISUAIS
"ARCO DA VELLA"...............................EMMA E MARA(5ºCURSO)
"POLA FIESTRA"....................................LOIS (5ºCURSO)
"ERAS TÍ"..................................................PAULA(5ºCURSO)
"O AÑO PITAÑO"....................................LAURA(5ºCURSO)
"POLVO DE ESTRELAS".......................HELENA E ELSA (5ºCURSO)

14/05/08

Letras galegas 2008




Estes días estamos traballando a educación documental cos nosos alumnos e alumnas de 2º e 3º ciclo.Consiste nunha ficha con diversas preguntas sobre Xosé María Álvarez Blázquez que deben responder despois de consultar a páxina que temos colgada tanto neste "blog" como no de biblioteca.


Unha vez que a teñan resolta, deben presentala na biblioteca do cole, onde recibirán un pequeno agasallo.

13/05/08

POEMAS NO SÚPER



Unha coñecida cadea de supermercados decidiu homenaxear a Xosé María Álvarez Blázquez,na súa efectiva campaña normalizadora.Despois de aquel vídeo que tanto nos gustou,todos os que merquen nestes súper poderán coñecer ó escritor das Letras Galegas 2008, e mesmo ler un fermoso poema. Trátase da poesía "A COMETA",do seu libro "Canle Segredo"¿Como?
Pois moi fácil,a foto e o poema van impresos nas bolsas de plástico que se distribúan este mes.¡Que idea tan xenial!
Nora boas por esta iniciativa. Esta proposta reforza a idea do ENDL de Quintela de que o galego é cousa de todos nós.

¡¡¡VIVAMOS COMO GALEGOS!!!

12/05/08

ROSEIRA DO TEU MENCER nas nosas voces III

Álvarez Blázquez compuxo poemas para nenos e nenas ,e neles falaba das cousas que máis lles gustan:a lúa,as bolboretas,o sol,os animais.
A MARA E a EMMA o que lle gustou foi o do ARCO DA VELLA:

ROSEIRA DO TEU MENCER nas nosas voces II

Pola fiestra anda o luar
a laiar,a aruñar ,a ronxer,
coma un gatiño orfo
que non se quere deitar.......

Este é o poema que LOIS,de 5º curso nos quixo presentar:

ROSEIRA DO TEU MENCER nas nosas voces

Este libro de Álvarez Blázquez contén poemas que gustaron en todos os niveis.En 5º Elsa e Helena elixiron este:

27/04/08

LETRAS GALEGAS

O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas lembrando que ese día se publicou o libro de Rosalía de Castro : CANTARES GALLEGOS.Non se sabe de certo que día exacto foi,pero esta data era a que figuraba na dedicatoria a un admirado amigo seu(Fernán Caballero).Rosalía vivíu en Padrón, na provincia de A Coruña e nese poemario inclúese "Adiós ríos ,Adiós fontes",no que a autora nos fala do moito que botaban en falta a súa terra os emigrantes.

Adiós ríos, adios fontes,
Adiós regatos pequenos,
Adiós vista dos meus ollos
Non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,
Terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
Figueiriñas que prantei.

Prados, rios, arboredas,
Pinares que move o vento,
Paxariños piadores,
Casiña do meu contento.

Muiño dos castañares,
Noites craras de luar,
Campaniñas trimbadoras
Dá igrexiña do lugar.

Amoriñas dás silveiras
Que eu lle daba o meu amor,
Camiñiños antre o millo,
Adios para sempr' adios!

Adios groria! adios contento!
Deixo á casa onde nacin,
Deixo á aldea que conozo,
Por un mundo que non vin!

Deixo amigos por estraños,
Deixo a veiga por o mar,
Deixo, en fin, canto ben quero...
¡Que pudera non deixar!...



Tamén está neste poemario "Campanas de Bastabales", que Prada cantou con igual acerto.

Campanas de Bastabales,
Cando vos oio tocar,
Mórrome de soídades.


l.

Cando vos oio tocar,
Campaniñas, campaniñas,
Sin querer torno a chorar.

Cando de lonxe vos oio,
Penso que por min chamades,
E das entrañas me doio.

Dóiome de dor ferida,
Que antes tiña vida enteira,
e hoxe teño media vida.

Solo media me deixaron
Os que de aló me trouxeron,
Os que de aló me roubaron.

Non me roubaran, traidores,
¡Ay! uns amores toliños,
¡Ay! uns toliños amores.

Que os amores xa fuxiron,
As soidades viñeron...
De pena me consumiron.

16/04/08

Obradoiro de lingua divertida




Dende o martes 15 de Abril ata o venres , os alumnos e alumnas de 6º curso están a participar no obradoiro de "LINGUA DIVERTIDA" , organizado polo servicio de Normalización Lingüística do concello de Moaña, co obxectivo de achegarlles a realidade sociolingüística que os rodea dun xeito lúdico e educativo.

Traballase con técnicas de animación e dinamización sociocultural en catro sesións de 90 minutos divididas a súa vez en catro bloques cos seguintes contidos:

Habilidades persoais.

Diversidade cultural e lingüística.

Modelos e roles sociais.

Construcción persoal.


Esta actividade é impartida por

05/04/08

uns contacontos moi especiais II

¡VAIA ÉXITO!
Tal como supoñíamos os nenos e nenas de Infantil e o primeiro ciclo e Primara desfrutamos na biblioteca dunha chea de emocións,desde a ternura ó medo ,pasando pola diversión e a intriga .O barco eran os contos de Kalandraka e Oqo,e os magníficos tripulantes os alumnos de 4º de ESO que con unha esmerada preparación cautiváronnos coas súas historias.
Traían a entonación ensaiada,a posta en escena,a presentación dos contos,por suposto os textos e ata pequenas dramatizacións.
Viñeron cargados de contos ,xa que a selección era ampla,de personaxes,de recursos,de complementos de vestuario,ata nos trouxeron un teatiño de monicreques.
Os pequenos non souperon elixir un conto para avaliar as súas preferencias,e cando lles preguntamos cal lle gustara máis foron moi claros:TODOS.
A nosa intención era que o galego servira para pasar un tempo cargado de emoción e desde este colexio pensamos que o obxectivo foi amplamente cuberto.Que mais poderemos decir para explicar o desenvolvemento óptimo da actividade,parécenos que o seguinte:O VINDEIRO CURSO MÁIS.
O noso profundo agradecemento ós contadores e ó equipo de profes que fixo posible esta actividade.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue